Conversa:HGNC
Nome
[editar a fonte]O nome completo desta organización científica sería Human Genome Organisation's Gene Nomenclature Committee (Comité de Nomenclatura de Xenes da Organización do Xenoma Humano). O seu nome en inglés talvez debería ser o titulo da páxina (porque o nome oficial da institución está en inglés) ou podería optarse por traducirlle o nome e usalo como nome de páxina, pero pareceume que era un nome demasiado longo e que era máis práctico usar como nome as siglas HGNC, que é o que despois todo o mundo usa na práctica. Isto ocorre cos títulos doutras páxinas similares e recoñezo que as que fixen eu dese tipo non todas van tituladas da mesma maneira: unhas co nome en inglés, outras co nome traducido e outras con siglas, dependendo do que me pareceu máis aceptable en cada caso. Talvez habería que crear unha norma xeral para estes casos. Penso que hai bastante casuística e non en todos os casos é igual. Hai institucións cuxo nome debería traducirse, como United Nations = Organización das Nacións Unidas (institución que ten varios idiomas oficiais), pero noutros o nome da organización é en inglés e quizais debería manterse, ou é un nome excesivamente longo (ás veces mesmo difícil de traducir, como LPSN) ou todo o mundo usa só as siglas, as cales xeralmente son en inglés e non se traducen (mesmo certas siglas se consideran "símbolos", polo que non deberían traducirse, igual que non se traduce o símbolo químico do ouro, que é Au en todo o mundo). Atopeime con casos difíciles. Por exemplo nos números EC dos encimas estas letras EC van escritas no propio número, por exemplo EC 2.3.2.2, e igual pasa co número UN da ONU, por exemplo UN3518. Pero no European Community number (número da Comunidade Europea para compostos químicos) este non forma parte do número (por exemplo 200-003-9) e penso que pode chamarse número CE en vez de número EC, xa que os nomes das institucións políticas europeas si se traducen (e teñen moitos idiomas oficiais). En cambio, nos exemplos dos encimas e do número da ONU eu mantería EC e UN. En fin, tiven que tomar decisións sobre o nome deste tipo de páxinas e se hai que rectificar pois haberá que facelo.--Miguelferig (conversa) 26 de setembro de 2015 ás 17:34 (UTC)
- O feito de non ter unha fonte oficial que trate en xeral este tipo de traduccións de nomes oficiais e institucións sempre da problemas. Estaría ben chegar a unha decisión unánime ao respecto, a causística como comentas empeza a ser ampla. Eu persoalmente confío no teu criterio ata o momento, escoller o máis empregado en xeral e deixar o resto coma redireccións. Para os números o mesmo, se as iniciais forman parte do identificador en sí deixalas como tal. Máis adiante de chegar a un consenso sobre un estándar de uso faremos os cambios que sexan necesarios, por iso non hai problema. ☣Banjo tell me 26 de setembro de 2015 ás 17:42 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (febreiro 2019)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 7 ligazóns externas en HGNC. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20160304135539/http://www.genenames.org/sites/genenames.org/files/documents/PMID3507270.pdf á ligazón http://www.genenames.org/sites/genenames.org/files/documents/PMID3507270.pdf
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20131027084955/http://www.genenames.org/data/hgnc_data.php?hgnc_id=13575 á ligazón http://www.genenames.org/data/hgnc_data.php?hgnc_id=13575
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20131102135041/http://www.genenames.org/data/hgnc_data.php?hgnc_id=20040 á ligazón http://www.genenames.org/data/hgnc_data.php?hgnc_id=20040
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20120913231946/http://www.genenames.org/data/hgnc_data.php?hgnc_id=6656 á ligazón http://www.genenames.org/data/hgnc_data.php?hgnc_id=6656
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20131007140055/http://www.genenames.org/data/hgnc_data.php?hgnc_id=9639 á ligazón http://www.genenames.org/data/hgnc_data.php?hgnc_id=9639
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20131008024537/http://www.genenames.org/data/hgnc_data.php?hgnc_id=8950 á ligazón http://www.genenames.org/data/hgnc_data.php?hgnc_id=8950
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20121012033246/http://www.genenames.org/data/hgnc_data.php?hgnc_id=14565 á ligazón http://www.genenames.org/data/hgnc_data.php?hgnc_id=14565
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 14 de febreiro de 2019 ás 22:20 (UTC)