Conversa:Pita do monte
Untitled
[editar a fonte]Non sei a situación da pita do monte a nivel mundial, pero ler neste artigo que o seu estado de conservación é "pouco preocupante" faise moi duro de ler, aquí en Galicia, onde está, por lei, catalogada como protexida e en perigo de extinción. Iso se a estas alturas aínda quedan, que xa hai quen o dubida. Pedro. --Lameiro 22:25, 21 xuño 2007 (UTC)
Resposta Estado de conservación da pita do monte
[editar a fonte]Pois a nivel mundial o estado de conservación é pouco preocupante, este dato pódese comprobar en diversas fontes (por exemplo na IUCN) e estas caixas refírense a situación xeral no mundo dunha especie concreta. Outra cousa é que se quera falar da situación dunha especie en Galiza, pero esto terá que vir especificado noutro sitio, ou con outra caixa que reflicta o estado de conservación concreto en Galiza. A miña opinión e que primeiro haberá que falar do xeral e logo do particular, e se en Galiza temos particularidades en determinadas especies de seres vivos, teremos que facelas constar nun dos apartados do artigo. --Calrosfking (FÁLAME) 13:38, 27 xuño 2007 (UTC)
Estado de conservación mundial e galego
[editar a fonte]Entendo o que queres dicir, pero enténdeme ti tamén a min. Claro que temos especies en situación moi particular se a comparamos co resto do país ou do mundo, polo que esa diferenza debe sinalarse sempre (sempre que haxa datos, claro). Na Galipedia non podemos dicir, sen máis explicacións, que a pita do monte ou o rarao (outro claro exemplo) estean en situación pouco preocupante. Neste casos, e seguro que hai máis, é obrigado dar esa explicación engadida porque se non o facemos, a idea que se quere dar con ese dato do seu estado de conservación dá lugar a unha idea equivocada. Nestes casos, ese dato máis que informar o que fai é DESinformar. Pedro --Lameiro 20:07, 3 xullo 2007 (UTC).
- Pedro, ti podes facer un apartado no artigo que fale da situación particular da Pita do Monte en Galiza como se fai para outras especies (exemplo: Becacina cabra. Eu tamén entendo os teus argumentos, pero ti tes que entender que este problema non ten unha fácil solución, unha especie de ser vivo non habita normalmente só en Galiza, e por que circunscribir a súa conservación só a o noso país aínda que o medio de edición sexa a wiki galega? (as especies non entenden de fronteiras). Quizais para mellorar a comprensión e evitar a DESinformción o cadro de estado podería poñer algo así como "Estado de conservación no mundo" e así quedaría máis claro. Tamén podería facerse (nalgún caso ou en todos) un cadro co Estado de conservacion en Galiza, ou facer ese apartado no que se poda reflictir a situación do noso país. Un saúdo.
--Calrosfking (FÁLAME) 20:30, 3 xullo 2007 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (febreiro 2019)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Pita do monte. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20120823055948/http://www.arkive.org/capercaillie/tetrao-urogallus/ á ligazón http://www.arkive.org/capercaillie/tetrao-urogallus/
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 17 de febreiro de 2019 ás 23:38 (UTC)