Saltar ao contido

Conversa:Plistoceno

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

O DRAG marca *pleistoceno co asterisco de incorrecto, e dá como entrada correcta plistoceno. Así o temos, tamén, na nosa lista de erros comúns. Pedro --Lameiro (conversa) 23:47, 20 de agosto de 2012 (UTC)

Non hai dúbida, hai que amañalo e tamén as máis de 50 ligazóns que hai a esta páxina. Vou cambiar a páxina e logo irei cambiando as ligazóns ós poucos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:33, 21 de agosto de 2012 (UTC)
Feito! Feito!, tamén amañei o uso sen ligazón nalgunhas páxinas pero haberá que revisalo nuns días, cando se actualice o buscador, por se falta algunha. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:55, 21 de agosto de 2012 (UTC)

Xa sei que non é o sitio para se queixar pero... de onde sacan esa palabra? debemos ser a única lingua do planeta que non respecta o E nesta palabra. E non é precisamente unha palabra patrimonial. Que vergonza! Usuario:Chum (fálame) 10:14, 21 de agosto de 2012 (UTC)