Saltar ao contido

Conversa usuario:Toliño/Arquivo 2

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Troquei a licenza da imaxe por {{Wikipedia-CapturaPantalla}}, pois entendo que a imaxe é unha captura de pantalla da Galipedia. Feliz ano--Lmbuga Commons - Galipedia 14:54, 1 xaneiro 2008 (UTC)

  • Arranxei a licenza de Imaxe:Exemplo Cuboku.jpg. Mirei na orixe e vin que a licenza era PD, non GFDL. Ti escribiras {{GFDL-user-w}} eu coloquei {{PD-user-w|en|Wikipedia inglesa|Willjohnson123}}.
A sintaxe das licenzas {{GFDL-user-w}} ou {{PD-user-w}} é {{GFDL-user-w|código do proxecto|nome do proxecto|usuario (sen User:)}}. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:23, 1 xaneiro 2008 (UTC)

moitisimas gracias

[editar a fonte]

Ola Toliño ! Fun eu a toliña eiqui Pintura ó óleo. Estouche mui agradecida ElviraConversa con mi 15:24, 19 xaneiro 2008 (UTC)

Ola, borrei a redirección, porque o eyak é un pobo. Non ten sentido crear unha páxina de homónimos, creo, pero tampouco teño material nin tempo agora de facer un bo artigo sobre os eyaks. :) Un saudiño. --Xabier Cid 20:41, 28 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza

[editar a fonte]

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:06, 30 xaneiro 2008 (UTC)

  • Non pasa nada. Pensei que o podería ter feito un bot. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 14:33, 1 febreiro 2008 (UTC)

Xa empecei

[editar a fonte]

http://gl.wikipedia.org/wiki/Terra_de_Francisco_Xos%C3%A9. (Todavía non sei como meter un link interno). O meu galego é moi de cangas, así que se agradece toda posible correción. --Baaden 15:11, 1 febreiro 2008 (UTC)

Tran slation

[editar a fonte]

Hello Toliño!

Could you check this translation (m:Wikimedia press releases/Wikimedia Foundation board reorganised/gl) for errors and leave a message on my meta talk page when it is ready for publishing?

Thanks! :-) Cbrown1023 01:01, 7 febreiro 2008 (UTC)

Replantexamento da votación fusión Galicia-Galiza

[editar a fonte]

Hola,

Fixen un cambio nunha votación na que participaches, Conversa_Wikipedia:Toponimia/Arquivo 1#Uso_do_termo_dentro_do_artigo, para resolver unha ambigüidade. En fin, é un pouco lioso, está explicado na propia paxina. Saudos Miguel.lima 22:25, 7 febreiro 2008 (UTC)

Fusión Galicia e Galiza

[editar a fonte]

Hola

Coma outros usuarios, participaches dun debate sobre a fusión destes dous artigos na páxina Conversa_Wikipedia:Toponimia/Arquivo 1. Unha vez compartidas as opinións, e chegados a un punto no que parece haber bastante consenso, abrín a votación oficial en Wikipedia:Votacións/Fusión_dos_artigos_Galiza_e_Galicia.

Saudos Miguel.lima 16:33, 9 febreiro 2008 (UTC)

Galicia-Galiza

[editar a fonte]

Perdoa que te fale aquí, pero é para non encher a páxina da votación de comentarios, pero iso sería manter o que xa hai, xa hai dous artigos un Galicia e outro Galiza, e a idea de Miguel e coa que eu concordo é de fusionalos nun só. O problema seica está no título. Os que queríamos Galicia, aceptábamos Galicia-Galiza, pero ao chegar a votación chegaron os discordos. Eu como preferir, prefiro Galicia con redirección a Galiza e ahí non penso que se esté a infrinxir nada. O principal polo menos para min é rematar co sensentido de ter dous artigos sobre a mesma realidade. Nunca o entendín, nunca o cuestionei, colleu o tema Miguel e moi ben e animeime a dar a miña opinión. Ogallá saia adiante de calqueira forma. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 17:21, 14 febreiro 2008 (UTC)

Falando doutro tema, véxote sempre correxindo as mensaxes de sistema de Mediawiki, nunca pensaches en botar unha man en Betawiki rexistrándote?, alí poderías modificalas ti mesmo para todos os proxectos wiki. Pénsao, sería xenial contar coa túa axuda. Alma (fálame eiquí) 17:21, 14 febreiro 2008 (UTC)

Toliño, antes de que sigas dando formato de "poem" ás cantigas que estou metendo, ten en conta que iso implicaría face-lo mesmo con moitos outros artigos nos que xa engadín cantigas. Eu tamén prefiro, en calquera caso, este formato en 4 versos, por simpler razóns estéticas, pero non o fago por cuestións de espazo: cando se trata de poucas cantigas pouco importa, pero teño artigos cun número considerable delas e non sei se quedaría ben. Mira, por exemplo, o caso de o burro na cultura popular. Se cres que ese inconvinte non é grave, dimo e cambio eu o formato das que engada a partir de agora. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 14:10, 16 febreiro 2008 (UTC)

Taboleiro dos administradores

[editar a fonte]

¿¿¿que parte de Neste espazo poden comunicarse os usuarios cos administradores ou cos burócratas non entendiches??? --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 17:55, 20 febreiro 2008 (UTC)

Resultado votación fusión Galicia-Galiza

[editar a fonte]

Hola

Rematou unha votación oficial na que participaches, Wikipedia:Votacións/Fusión dos artigos Galiza e Galicia nun único titulado Galicia, sendo éste o resultado: 13 votos a favor, 0 neutros, 0 en contra.

Saudos Miguel.lima 12:08, 19 marzo 2008 (UTC)

Moitissimas gracias

[editar a fonte]

Ola Toliño ! Agradezcoche moito as correccións. Dasme animo. Saudos ElviraConversa con mi 15:27, 31 marzo 2008 (UTC)

Afluente -> afluínte

[editar a fonte]

Ola Toliño, vexo que cambiaches no artigo que acabo de rematar sobre a Baía de Fundy a palabra afluente por "afluínte". Agradézoche moi sinceramente o teu interese por mellorar a ortografía do artigo (interese que comparto, e, aínda que non son experto en galego, tamén fago algúns arranxos ortográficos cando teño ocasión), pero o termo "afluínte" nas "Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega" ven como entrada incorrecta, e non aparece no dicionario da Real Academia.

O que pasa é que mentres o corrixía caín na conta de que tampouco podo pór afluentes, porque unha baía non ten afluentes, termo que só se pode utilizar de ríos que desembocan noutros ríos, e o que fan os ríos nunha baía ou nun océano é desembocar ou afluír (O río Ulla aflúe ó Atlántico), pero non podo pór "afluíntes" porque é unha palabra que non existe, nin "afluentes" porque non o son. Ó final tiven que cambiar "Afluentes" por "Tributarios" no título, e pór "ríos que aflúen na baía" en lugar de "afluentes da baía".

Sinto soltarte esta parrafada, pero non me gusta correxir as correccións doutros usuarios sin unha explicación, e para colmo miña corrección da túa incorrecta corrección tampouco era correcta, pois era mais incorrecta ca túa corrección (agora mesmo estou a partir de risa co que me acaba de saír).

Coido que é a primeira vez que "falamos", polo que aproveito para presentarme, mandarche un saúdo, agradecerche de novo o teu interés, e ofrecerme para calquera cousa que necesites. --Furado 20:21, 31 marzo 2008 (UTC)

Musica do detective Conan

[editar a fonte]

Hello, I'm sorry for writing you in English, but I can only read and partially understand Galego as latinist. I've seen that you added lyrics of openings the Detective Conan article. I'm interested in international anime themes and therefore want to ask you if you have these themes as audio or video file on your machine and would like to share them with me. If so, please answer below here. I can offer you some German opening themes if you are interested. --77.191.143.23 15:57, 6 abril 2008 (UTC)

I have searched through the Internet and I found a web with this themes in Galician (galego). You should go to the oldest pages (you choose it at the bottom of the page) and you will see 3 sections called "Anime en galego, anime de calidade" (I, II and III). If you don't understand something say it to me and I will try to explain you again. Greetings. --Toliño Fala aquí comigo 12:42, 7 abril 2008 (UTC)
I thank you very much for the link. "Unmei no Ruuretto no Mawashite" turned out very well as opposed to "Truth". Could you also provide more recent themes? --77.191.173.201 12:35, 9 abril 2008 (UTC)

Charlas en Ordes

[editar a fonte]

Hai novidades sobre o tema das charlas en Ordes. -- Sobreira (parlez) 22:00, 15 abril 2008 (UTC)

os afixos

[editar a fonte]

Ola Toliño ! nos outros artigos de sufixo non pode haber sufixo (lol), podriase pór tamén prefixo por demais de afixo, pero eu non son de pór nestas seccións artigos que ainda non existen. Faí como vexas millor ! Saúdos ElviraConversa con mi 16:47, 17 abril 2008 (UTC)

"A min éme igual que apareza unha ligazón vermella, pois penso que así pode que alguén se anime a crear o artigo, non?" eu fago isto dentro do artigo, nas listas etc para animar a colaborar ! Mais na sección Vexase tamen dun punto de vista formal aparezeme como unha trampa (lol). Isto sóo é unha opinion persoal Toliño. Saudos ElviraConversa comigo 19:30, 18 abril 2008 (UTC)

Family Guy

[editar a fonte]

Perdona que te escriba en Español porque no soy Gallego, aunque un poco pueda entender, He visto la foto del articulo Family Guy, y pienso yo, no seria mejor poner la imagen de los personajes en vez de unas simples latas?, por yo no veo nada de relevante poner eso como imagen en un articulo de una serie de TV. Te puedes poner en contacto con mi pagina de usuario en Wikipedia en Español. (Ravave) Wikipedista en Español. Saludos

Por certo, mandeiche un correo. Comproba que o recibiches. Un saúdo. --Xabier Cid 12:30, 18 maio 2008 (UTC)

Boa tarde, señor Toliño. Outro día será. Moitas gracias - Montes, 20 de maio 2008, 21:35

Xa que segue por aí, fázame o favor de mudar o título dese artigo no que me contactou: pase Yamousoukro a Yamoussoukro, con dous "s" (está así en todas as wiki, menos na española). No creo que nos conveña escreber Uasintón, etc. Sinto que saíse cun -s-, porque piquei no grafía do propio artigo galego de Costa de Marfil, e non me din conta que estaba escrito así. Anticipadas gracias - Montes, etc, pouco despois.

¿Mellor?

[editar a fonte]

Si, Toliño, mellor, pero como nunha destas me desfagas o traballo nun deses conflitos de edición... vasme oír ;) Grazas por ir prestando atención á evolución do artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 11:22, 24 maio 2008 (UTC)

Si, iso xa o pensei, e logo volver a cargar a miña, pero creo que o importante era manter o historial da carga, máis ca nada porque el é o propietario dos dereitos, non eu... --Xabier Cid Conversa 17:06, 2 xuño 2008 (UTC)

Aínda non é oficial pero como ando por aquí e xa pasa das doce da noite semella que xa es administrador da Galipedia, os meus parabéns. Que as responsabilidades da administración nunca che quiten a ilusión de colaborares neste proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:17, 3 xuño 2008 (UTC)

Na votación resultaches elixido... noraboa! Xa es administrador. Conta comigo para resolver calquera dúbida. Un saúdo. AlberteSi, digame? 20:18, 4 xuño 2008 (UTC)
Noraboa Toliño.ElviraConversa comigo 22:37, 4 xuño 2008 (UTC)

.

Parabéns! E sorte... --Xabier Cid Conversa 08:27, 9 xuño 2008 (UTC)

Pois non sei como solventaches a fusión, quero dicir, no último paso, que é o máis difícil. Creo que non o fixeches ben, pero tampouco estou seguro. O resultado é correcto, pero parece que o fixeses a man, en vez de automatizar o último paso. A fusión de historiais decididamente non é o meu, pois cometo erros cada vez que a fago, ;) Para a seguinte que fagas a ver se estou máis atento e vexo como o fas... --Xabier Cid Conversa 16:41, 9 xuño 2008 (UTC)

Combinar historiais

[editar a fonte]

Ola Toliño. Algunha das páxinas que hai na categoría Wikipedia:Páxinas obsoletas non lle corresponde estar alí, algunhas porque deberían estar no historial doutras páxinas e outras porque son páxinas históricas que conteñen unha información válida non obsoletas no sentido no que poden ser os rexistros antigos anteriores ás páxinas de rexistro que hai agora. No caso de Wikipedia:Novas xaneiro 2004, Wikipedia:Novas febreiro 2004, Wikipedia:Novas marzo 2004, Wikipedia:Novas xaneiro 2004, Wikipedia:Novas agosto 2004 poderías combinar os historias con 2004 para que quede constancia de como comezou o tema das efemérides? É un pouco traballoso porque vas ter que borrar e recrear 2004 tantas veces como páxinas hai que unir no historial. Agradezoche que o fagas porque é o procedemento máis axeitado para gardar o historial de ditas páxinas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:40, 25 xuño 2008 (UTC)

Moitas grazas por combinar os historiais das páxinas. Con respecto ao dos rexistros creo que me expresei mal, o que quería dicir é que precisamente esas páxinas nas que desfixeches a edición de xacemento wikipédico si son páxinas obsoletas (só existen na medida de documentar algo que existía antes dos rexistros actuais). O que non me parecen páxinas obsoletas son outras como Wikipedia:Escribe na area porque é un páxina refirida a un feito da historia da Galipedia que non perdeu valideza, no caso de levar un marcador debera ser doutro tipo. En troques outras como ás referidas aos esquemas de categorías que fixen eu e que tiñan por obxecto seguir un modelo importado de Commons no que esas páxinas axudaran aos usuarios a coñecer o sistema de categorización da Galipedia quizais deberan borrarse no caso de non actualizarse. Todo iso para que aquilo que fora obsoleto se reducira ao mínimo. Perdoa pola confusión. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:23, 25 xuño 2008 (UTC)
Pareceume un bo traballo non un erro, só que polo tempo que levo aquí lembro datos relacionados coa creación de moitas páxinas. De ningún xeito quería dicir que era un erro. E con respecto ao bot agora que renaceu poñereino a corrixir os eeros que haxa. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:34, 25 xuño 2008 (UTC)

Ola Toliño! Só dicirche que as mudanzas que se fan en common.js ou .css non adoitan facerse efectivas inmediatamente, non sei se por cousa da caché ou de qué, mais tarda un tempiño en aparecer a funcionalidade... cando menos a min. Saúdos. AlberteSi, digame? 09:33, 26 xuño 2008 (UTC)

"Na Galipedia, a wikipedia en galego." na Portada

[editar a fonte]

Ola Toliño. Atopei o erro polo que non funcionaba o código. No canto de:

.page-Portada .siteSub { display:none; }

é

.page-Portada #siteSub { display:none; }

Comprobeino e funciona perfectamente. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:31, 26 xuño 2008 (UTC)

Thank you for finishing the translation of that page! Unfortunately, you didn't give us the name of the page in Galego, so I don't know where to put it! Cbrown1023 21:23, 2 xullo 2008 (UTC)

Imaxe da semana

[editar a fonte]

Grazas Toliño por estar ó quite. Agora necesitaría que me explicaras quó foi o que fixen mal. Eu creo que seguín os pasos que indica [1] e saíu o que saíu. Isto quere dicir que ou fixen algo mal ou que a explicación está incompleta. Se foi erro meu, así aprendo; se é erro das instrucións, propóñoche que as corrixas no que sexa que falte. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:10, 14 xullo 2008 (UTC)

  • ¿E agora que pasa para que a ligazón [2] saia en vermello? Pedro --Lameiro (conversa) 12:13, 14 xullo 2008 (UTC)
    • Quédache por arranxar [3] para que non quede a imaxe do muíño inmensa e para que apareza o nome da imaxe na sección correspondente (2.1...). E comprobar nas instrucións por que non sae. Perdoa por ser tan torpe. Pedro --Lameiro (conversa) 13:53, 14 xullo 2008 (UTC)

lista de artigos "borados"

[editar a fonte]

Boas, Toliño. Se dou a Wikipedia:Votacións para borrar atopo as instrucións para propor unha páxina. Cando dou ó botón “Crear a nova proposta” chego a “Editando Wikipedia:Votacións para borrar/” e alí, ó final de todo, aparece “Pega o texto ao final da lista de borados propostos”. Así, “borados”. Non son quen de editar esta páxina para corrixir ese “borados” pero estou seguro que ti saberás facelo sen problema. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 20:30, 15 xullo 2008 (UTC)

Bos días Toliño, necesito outro favor. Logo de moito ler e preguntar parece ser que errei na escolla dos títulos. Necesito que me movas (con historial e conversa) o artigo atún a atún vermello, que parece se-lo nome máis indicativo da especie concreta, e así podo reserva-lo nome atún, a secas, como sinónimo -así, así, de túnido. Logo, crearei de novo outro artigo atún que redireccione a túnido, e neste último explicarei as xeneralidades da familia e porei as ligazóns a cadanseu artigo de cada especie. ¿Explícome? Mentres mo fas non vou tocar estes artigos, así que non fagas caso á merca de en uso. Logo xa me encargo eu de comprobar que as ligazóns internas vaian onde deben. ¿Pode ser? Grazas e ata outra. Pedro --Lameiro (conversa) 11:29, 16 xullo 2008 (UTC)

  • Mover, mover, si, pero teño lido nalgunha discusión que parece haber problemas co "movemento" de conversas e historiais. Vamos, que ten que ir todo xunto, e iso xa son palabras maiores. Un é consciente das súas limitacións e non quere mete-la pata máis do estritamente necesario. Grazas e perdoa polos traballiños que che dou. Pedro --Lameiro (conversa) 11:48, 16 xullo 2008 (UTC)
  • Ola ! Votaches eiqui para o borrado do artigo Lista de Universidades de España. Informoche que cambie o contido do artigo para que concorde co titulo e con regras que penso son aceptabiles pola Galipedia. Ando avisando todos que votaron para pedirvos si mudais o voso voto co contido actual. Polo momento puxen as ligazóns interwiki no noso artigo, per non fun pór o nosa artigo nas outras wikis. No caso que se manteña o borrado, non me parecera mal, fixen o que puiden porque me gusta ter artigos sobre as universidades, e nise caso poís repasei os meus coñocementos sobre as universidades españolas, faltan algunhas e persoalmente descubrín cousas. Si se conserva o artigo, ainda amañarei un pouquiño. Saúdos e grazas pola atención ElviraConversa comigo 12:45, 17 xullo 2008 (UTC)

menos mal que antes de borrar comprobas que non quedan artigos que ligan a ese, como o de At the drive-in co batería. Ás veces escápanseme cousas, igual que cando redirecciono mal... Pero certamente facía falta unha boa vasoira na galipedia.

O caso é que hoxe haberá que crear 8 artigos novos, porque volvemos ter 37.992 e na actualidade xa aparece que temos 38.000! --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 15:00, 23 xullo 2008 (UTC)

Ola Toliño a miña dubida é porque O pallaso se non se fixo en castelán anque perdoa por haber cambiado o nome pero é que só debe ser ou Der Clown ou El Payaso pero non O Pallaso por non haber sido traducida totalmente ó galego porque en galego non se fixo a serie. --Daniel Pita López 15:18, 2 agosto 2008 (UTC)

Hola Toliño non pasa nada por haber tardado en enviarme a túa resposta xa que o primeiro é o primeiro e logo isto non esquezes endexamais o que é primeiro.--Daniel Pita López 21:04, 22 agosto 2008 (UTC)


Si porfavor--Hugo22 10:25, 7 setembro 2008 (UTC).

quería subir a imaxe de Pablo Iglesias que temos na Galipedia, o problema é que non sei quen é o autor...

Re: Meta

[editar a fonte]

Ola Toliño. Molestia ningunha. Perdoa polo retraso na resposta, non vin a túa mensaxe ata hoxe domingo. Durante a vindeira semana, a que comeza o 15, botareille unha ollada. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:30, 14 setembro 2008 (UTC)


  • Grazas. Levaba moitísimo tempo sen facelo. Quizais máis dun ano--Lmbuga Commons - Galipedia 11:28, 16 setembro 2008 (UTC)

Ola Toliño. Deixeiche un par de mensaxes en Meta e Betawiki sobre diversos temas. Por certo, grazas por poñer á ligazón a Axuda:Resumo de edición en MediaWiki:Summary, tiña pensalo pedilo‎ cando tivera rematada a páxina, adiantacheste :-) Aínda me falta por incluír algunha indicación máis e as capturas de pantalla. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:08, 17 setembro 2008 (UTC)

Nunha primeira impresión paréceme unha boa solución Política de protección de datos e usar os termos intimidade e confidencialidade na tradución do texto (por sorte o título no wiki da Fundación está libre). En canto á mensaxe MediaWiki penso que o mellor é redirixida en feminino, así engloba todo tipo de páxinas non só os artigos. É certo que ás veces a tradución é difícil porque depende do contexto no que aparece a mensaxe e en ocasións non está claro o devandito contexto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:00, 17 setembro 2008 (UTC)
En canto a Política de protección de datos por min si. Sobre a subpáxina que creei en Betawiki foi para me lembrar de pensar nesas mensaxes, o traballo que fas alí (e aquí) é moi bo así que esa páxina non é ningún desacordo. Tamén me parece unha boa solución usar a palabra habilitar semella máis preciso. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:17, 19 setembro 2008 (UTC)

Grazas por me corrixir. Se hai algo que me guste de colaborar coa Wikipedia é aprender, cousa que fago decote, tanto a nivel de lingua coma de coñecementos e cultura xeral. Pois iso, agradezo a túa corrección, ti non te cortes en corrixirme, para que poda aprender. Un saúdo. --Alberte (Si, dígame?) 22:50, 19 setembro 2008 (UTC)

Imaxes da semana

[editar a fonte]

Pasou algo raro nas imaxes da semana: Eu escribira un texto que pensei que borrara e non o debín borrar, porque ti desfixeches a edición. O caso é que o desfacela desfixeches tamén edicións de votos e de propostas (creo, pois ó acceder á páxina faltaban votos e propostas). Rógoche que comprobes se todo está ben agora, non acabo de comprender totalmente o que pasou. Grazas. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 02:38, 25 setembro 2008 (UTC)

Non sei por que ó reverter ti os cambios (cambios evidentemente incorrectos que eu fixera) se deixaron de ver as últimas propostas e os últimos votos. Agora, ó meu parecer, está todo ben. Sinto causarche traballo.
Neste momento xa me volvo a aclarar cos procedementos que se deben desenvolver coas imaxes da semana. Levaba tempo sen pechar aí unha discusión e, ou as cousas non son iguais ca antes (case seguro) ou/e ademais non as lembraba pois non dou retido tanto na memoria. De aquí en diante tentarei, pero son moi imperfecto, non meter a pata--Lmbuga Commons - Galipedia 02:50, 25 setembro 2008 (UTC)

Dá gusto, Toliño, ver cómo estás ó quite. Grazas ó teu labor (e o de Elvire, non a esquezamos) podemos seguir tendo un artigo día, dignísimo e ó que non se lle pode poñer pega ningunha. Fixen ben en non deixarme guiar polo dedo fácil e esperar antes de borrar. Grazas, che. Pedro --Lameiro (conversa) 18:12, 26 setembro 2008 (UTC)

Ola Toliño, eu tamén che agradezo de contribuir a gardar o artigo. Saúdos ElviraConversa comigo 11:41, 27 setembro 2008 (UTC)

Tradución de Meta

[editar a fonte]

Ola Toliño. Voume retrasar uns días (quizais 15) en rematar a revisión do texto da Política de protección de datos en Meta. Ando escaso de tempo e cando entro á escape na Wikipedia faiseme costa arriba poñerme coa tradución. Desculpa, espero que no devandito prazo poida completar ese traballo pendente. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:01, 6 outubro 2008 (UTC)

Mensaxes do sistema

[editar a fonte]

Ola Toliño. Podes crear localmente as mensaxes: MediaWiki:Centralauth-login-progress, MediaWiki:Centralauth-logout-progress, MediaWiki:Centralauth-groupname? Sen esas mensaxes cando se entra e se sae do sistema hai un erro no texto. No Galizionario xa o fixen (sen /gl) e funciona: wikt:MediaWiki:Centralauth-login-progress, wikt:MediaWiki:Centralauth-logout-progress, wikt:MediaWiki:Centralauth-groupname. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:26, 8 outubro 2008 (UTC)

Ok. Grazas. --Prevertgl 18:48, 8 outubro 2008 (UTC)

Lugares de Chantada

[editar a fonte]

Ola, vin que borraches a páxina Lugares de Chantada, porque efectivamente nela puxen eu (por erro) o marcador de LIXO. O que ocorreu foi que puxen na páxina o Modelo:Lp Arganzón, que posteriormente marquei como LIXO por un erro ao poñer o título e ese modelo foi o que fixo que aparecera o marcador en Lugares de Chantada. Así que se a podes volver poñer, xa cambiarei eu o modelo polo correcto. Grazas--Xas (fálame) 16:39, 14 outubro 2008 (UTC)

Re:Axuda cunha imaxe

[editar a fonte]

Ola Toliño.

O ideal para traballar as imaxes SVG é cargar Inkscape. É un programa que deixei de utilizar porque non me funcionaba ben. Non me funcionaba porque cando gardaba as imaxes estas quedaban baleiras. Probarei de novo. Teño que baixalo (é gratuíto) e cargalo.

A outra opción é facelo con outro programa (pero entón hai que reescribir todo o texto da imaxe).

Non poderei conectarme ata o venres. Venres mirarei. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:44, 16 outubro 2008 (UTC)

Deume tempo de facelo, creo que xa está, mira Imaxe:Plant cell structure svg gl.svg. Se desexas calquera variación dunha imaxe SVG, dimo, non leva nada de tempo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:07, 16 outubro 2008 (UTC)
Estiven facendo máis probas co Inskape. Na primeira imaxe non tiven problemas, na segunda si. Non sei se será cousa do caché. ¿Poderíasme dicir se ti ves esta imaxe (eu non a vexo): Imaxe:O nucléolo na celula humana.svg, si a vexo se fago click aquí: /media/wikipedia/gl/6/63/O_nucl%C3%A9olo_na_celula_humana.svg. Tampouco a vexo no artigo en que está: Nucléolo. Vou aínda intentar outra cousa. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 14:53, 17 outubro 2008 (UTC)

Fusión de artigos

[editar a fonte]

Ola, veño de fusionar os contidos dos artigos Hannah Arendt e Hanna Arendt, incluíndo o material do segundo no primeiro, tal como indicaba o aviso de fusión. Pero agora algún administrador deberá borrar o artigo Hanna Arendt e pasar o historial ao artigo Hannah Arendt. Como non podo deixar esta mensaxe no taboleiro dos adminsitradores, póñoo aquí por se ti podes solucionar isto. Grazas. Un saúdo,--Xas (fálame) 16:53, 17 outubro 2008 (UTC)

boa noite, Toliño!

mirei que existe o modelo Cite journal, pero xa de antes existía o modelo Cita publicación periódica, que nas sáus interwikis liga co template en inglés Cite journal, polo que coido que o que creaches é innecesario, ó existir xa unha tradución.

Só habería que mudar agora os artigos en galego co modelo "Cite journal". ¿Como o ves?

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 22:01, 19 outubro 2008 (UTC)

Bo traballo. Se dominas os problemas que a min me crean as imaxes SVG, agradeceríache que me comentases como solucionalos. Frecuentemente, cando subo estas imaxes, non se visualizan na Galipedia. Prevert facilitoume unhas ligazóns noutras linguas para que me aclarase (inda non as mirei, non tiven tempo). Se sabes a que se debe, agradeceríache que mo comentases pois o inglés cústame bastante, do francés xa nin falar. Grazas poidas ou non poidas, saibas ou non saibas--Lmbuga Commons - Galipedia 19:36, 21 outubro 2008 (UTC)

Votos nas imaxes da semana

[editar a fonte]

Boas Toliño.
Anulaches o voto de Hugo22 para a image Imaxe:Lateral da Igrexa de Santa María de Darbo, Cangas do Morrazo.JPG e estamos a deixar o voto de Lmbuga para ista :Imaxe:VacaLoura 313P.jpg. Botalle un ollo, porque temos que tratar igual os dous casos. (Ando vixiando algunhas edicios que fas e que gostanme moito, parece que eres de rama cientifica ?) SaúdosElviraConversa comigo 22:34, 21 outubro 2008 (UTC) Doume conta co caso non é identico, non é Lmbuga o autor da imaxe, maís estamos alguns a decir que se non hai politica, poís estaria ben que o autor poida votar. Que che parece ? ElviraConversa comigo 22:47, 21 outubro 2008 (UTC)

Semella que temos na comunidade dous puntos de vista distintos : promocionar o traballo propio é "feo", promocionar o traballo propio é unha reacción "normal" no funcionamento dunha comunidade. O importante é sabelo para respectarnos uns os outros. Eu non estou moito por andar buscando unha politica niste caso, non é vital para seguir traballando xuntos, sobre todo porque iste tipo de cousas non afecta a calidade do contido dos artigos, esique dame igual para traballar coa comunidade ca maioría pense que é "feo" ou "normal". Por outra banda, si interesame de saber que eres máis de ciencias, xa qué eu vou polas "humanidades" ! Saúdos e gracias pola atención ElviraConversa comigo 21:24, 24 outubro 2008 (UTC)

Modelo Clima

[editar a fonte]

Poderías botarme unha man co que falta do modelo? No artigo Vigo pon que falta o modelo:!!--Hugo22 18:53, 22 outubro 2008 (UTC).

    • Xa o amañei, cando saiba como quitar os graos Farenheit voume por coa tradución do modelo--Hugo22 18:58, 22 outubro 2008 (UTC).

Organismo e ser vivo

[editar a fonte]

Boas, Toliño. Propós a fusión dos artigos Organismo e Ser vivo, pero eu creo que o primeiro ten un sentido máis amplo có segundo, de modo que se ben os seres vivos son organismos, non tódolos organismos son seres vivos. Pero iso levaríanos a conflito co Galizionario, e isto é outra cousa. ¿Unha páxina de homónimos, para organismo, que levase a ser vivo? Sería posible pero tampouco acabo de crer que os outros organismos (tipo ONU, estados, ministerios, SERGAS, etc), como tal entrada colectiva, dean para un artigo. Vamos, que nin si nin non senón todo o contrario. Quede isto como unha reflexión por se che ocorre algo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:19, 28 outubro 2008 (UTC)

  • Gústame máis a primeira opción: converter organismo en homónimos: o homónimo A ligaría con "ser vivo"; o homónimo B incluiría ese texto acerca doutro tipo de "organismos" e, quizais, podería ligar cos organismos dos que teñamos páxina. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:13, 29 outubro 2008 (UTC)

Cometiches

[editar a fonte]

Tes toda a razón do mundo. Moitas grazas por facerme caer da burra. --Xabier Cid Conversa 23:15, 2 novembro 2008 (UTC)

artigos de calidade: propostas e votacións

[editar a fonte]

Poderíasme axudar para facer o que dicías na Taberna? Iguala-lo procedemento como o dos artigos destacados ou Sobre Galicia. É que teño algo de emdo a mete-la zoca, e creo que ti manéxaste ben. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:03, 1 decembro 2008 (UTC)

  • Grazas meu, estou en débeda contigo. Moitas, moitas grazas. Alberte Si, dígame? 18:12, 1 decembro 2008 (UTC)

RE: mensaxes de doazóns

[editar a fonte]

Ah, de nada. En realidade, o das correccións lingüísticas é practicamente o único que fago, e nin sequera con moita frecuencia.--vilachan 20:54, 12 decembro 2008 (UTC)

fusionado de extrasolar e exoplaneta

[editar a fonte]

Ben, xa podes fusionar exoplaneta e extrasolar, coma poderás ver en exoplaneta, no canto de fusiona-lo pobre contido dos dous artigos decanteime por facer un practicamente novo, espero que estea todo ben para poder face-lo fusionado. Dáme un toque por se che fai falla axuda con algo.--Xabier Cancela (fálame 18:49, 24 decembro 2008 (UTC)

A Esmorga vs A esmorga

[editar a fonte]

Boas, Toliño. Supoño que a razón pola que dis que fai falta a redirección é a presenza da forma con maiúsculas nas ligazóns doutros artigos que, con minúscula, poderían quedar rotas. ¿Ou hai outro motivo? De ser certa a miña primeira suposición, ¿non ten máis sentido corrixir esas ligazóns, aínda que dea máis traballo? ¿non sería o máis correcto? O argumento que nos deu Biógrafo na páxina de conversa é absolutamente contundente para deixar só a forma con minúscula. E, pola mesma razón, non sobraría un repaso para normativizar outros títulos de libros co mesmo problema. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:07, 26 decembro 2008 (UTC)

polo remate das notas. Na versión inglesa estaba, pero non sei por que ó copialo non me funcionou e por iso despois elimineino.--Agremon(contacto) 18:56, 27 decembro 2008 (UTC)