Conxuntiva
Conxuntiva | |
---|---|
A metade superior da sección saxital da parte frontal do globo ocular. A conxuntiva (conjunctiva) é visible no centro esquerda. | |
Sección horizontal do globo ocular. A conxuntiva está na parte superior esquerda. | |
Latín | tunica conjunctiva |
Gray's | pág.1026 |
Arteria | arteria lacrimal, arterias ciliares anteriores |
Nervio(s) | nervio supratroclear |
MeSH | Conjunctiva |
A conxuntiva é unha capa de mucosa transparente que tapiza o interior das pálpebras e cobre a esclerótica anterior (branco dos ollos), chegando ata o limbo corneal, onde empeza a córnea. Está composta por un epitelio columnar estratificado non queratinozado con células caliciformes, de grosor variable segundo a parte da conxuntiva.
Función
[editar | editar a fonte]A conxuntiva axuda a lubricar o ollo ao producir moco e bágoas, aínda que un volume menor de bágoas que a glándula lacrimal.[1] Tamén contribúe á vixilancia inmunitaria e axuda a impide a entrada de microbios no ollo.
Anatomía
[editar | editar a fonte]A conxuntiva divídese en tres partes:
Parte | Área |
---|---|
Conxuntiva palpebral ou tarsal | Tapiza as pálpebras. |
Conxuntiva bulbar ou ocular | Cobre o globo ocular sobre a esclerótica anterior. Esta rexión da conxuntiva está estreitamente unida á esclerótica subxacente pola cápsula de Tenon e móvese xunto cos movementos do globo ocular. |
Conxuntiva do fórnix | Forma a unión entre as conxuntivas bulbar e palpebral. Forma uns pregamentos profundos entre as pálpebras e o globo ocular, que son os fórnices superior e inferior. Esta zona é frouxa e flexible, e permite o libre movemento das pálpebras e o globo ocular.[2] |
Innervación sensorial
[editar | editar a fonte]A innervación sensorial da conxuntiva divídese en catro porcións:[3]
Área | Nervio |
---|---|
Superior | |
Inferior | Nervio infraorbital |
Lateral | Nervio lacrimal (con contribución do nervio cigomaticofacial) |
Circumcorneal | Nervios ciliares longos |
Histoloxía
[editar | editar a fonte]A conxuntiva consta tanto de epitelio escamoso estratificado non queratinizado (na zona do limbo corneal) coma de epitelio columnar estratificado non queratinizado (noutras partes), con células caliciformes dispersas.[4] A capa epitelial contén vasos sanguíneos, tecidos fibrosos, e canais linfáticos.[4] Nalgunhas zonas presenta invaxinacións con células mucosas, que se interpretan como glándulas lacrimais accesorias da conxuntiva, que producen constantemente a porción acuosa das bágoas.[4] Outras células presentes no epitelio conxuntivo son melanocitos, linfocitos T e B.[4] A lámina propia da conxuntiva é de tecido conxuntivo denso.
Enfermidades e trastornos
[editar | editar a fonte]Os trastornos da conxuntiva e a córnea son trastornos oculares comúns.
A superficie do ollo está exposta a varias influencias externas e é especialmente susceptible a traumas, infeccións, irritacións químicas, reaccións alérxicas e sequidade ocular (queratoconxuntivite seca).
A conxuntiva pode inflamarse debido a unha infección ou unha resposta autoinmune. Isto denomínase conxuntivite.
A irritación conxuntiva pode ocorrer por diversas razóns, como a sequidade dos ollos ou a sobreexposción a compostos orgánicos volátiles.
A leptospirose (infección por Leptospira) pode causar sufusión conxuntiva, que se caracteriza por quemose (inchamento), e ollos avermellados sen exsudados.
Coa idade, a conxuntiva pode estirarse e afrouxarse da esclerótica subxacente, o que orixina a formación de pregamentos da conxuntiva, unha condición chamada conxuntivocalase.[5][6]
A conxuntiva pode ser afectada por tumores que poden ser benignos, pre-malignos ou malignos.[7]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Sección saxital da pálpebra superior.
-
Músculo ocular extrínseco. Nervios da órbita. Disección profunda.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ London Place Eye Center (2003). Conjunctivitis Arquivado 08 de agosto de 2004 en Wayback Machine..
- ↑ Eye, human Encyclopaedia Britannica
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2013. Consultado o 04 de agosto de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Goldman, Lee (2012). Goldman's Cecil Medicine (24th ed. ed.). Philadelphia: Elsevier Saunders. p. 2426. ISBN 1437727883.
- ↑ "Conjunctivochalasis - Medical Definition". Medilexicon.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2012-11-13.
- ↑ WL Hughes Conjunctivochalasis. American Journal of Ophthalmology 1942
- ↑ Biswas, J.; Varde, M. (2009). "Ocular surface tumors". Oman Journal of Ophthalmology 2: 1. doi:10.4103/0974-620X.48414. [1] Arquivado 16 de abril de 2016 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Medicinenet.com (1999). Conjunctiva Arquivado 07 de xuño de 2014 en Wayback Machine..
- MedEd at Loyola medicine/pulmonar/images/anatomy/eyeli.jpg imaxe