Xosé Fernández Ferreiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1931 Espartedo, España |
Morte | 16 de decembro de 2015 (84 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Xosé Fernández Ferreiro, nado en Espartedo (Santa Cruz de Rubiacós, Nogueira de Ramuín) o 29 de xaneiro de 1931 e finado na Coruña o 16 de decembro de 2015, foi un escritor galego.[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou bacharelato en Ourense. En 1954 marcha a Madrid estudar xornalismo, alí fundará con Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño e Ramón Lorenzo o grupo literario nacionalista Brais Pinto.[4] O nome e a épica do personaxe que lle pon nome ao grupo –un ficticio afiador ourensán que, despois de percorrer o mundo enteiro co seu oficio, e xa disposto a regresar á súa vila natal, morre atropelado por un tranvía en Madrid- atribúeselle a Fernández Ferreiro.[5]
Comezou a súa andaina literaria publicando varios poemarios nos anos 50. Posteriormente dedicouse á narrativa e, en 1975, publicou A morte de Frank González, que foi a primeira novela de vaqueiros escrtita en galego.[3] Traballou ademais como xornalista en Faro de Vigo, ABC, La Noche, El Correo Gallego, e La Voz de Galicia.[6]
No ano 1985 foi galardoado co Premio Galicia de Xornalismo e en 2003 coa "Letra E" concedida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. O 4 de xuño de 2011 foi elixido membro da Real Academia Galega[7] e tomou posesión o 9 de marzo de 2013 cun discurso titulado Breves reflexións sobre os escritores e os xornalistas. Deulle a réplica Manuel Rivas.[8]
Usou o pseudónimo de Ferr.[9]
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Ribeirana do Sil (1952). Edición do autor. Prólogo de Florentino López Cuevillas.
- A noite (1959). Madrid: Brais Pinto. Impreso en Vigo, nas Gráficas Numen de Noya.[10]
- Ribeirana do Sil e A Noite. Poesía completa[11]. Limiar e edición a cargo de Francisco X. Fernández Naval. (Deputación de Ourense, 2023). ISBN 9788416643530
Narrativa
[editar | editar a fonte]Novela
[editar | editar a fonte]- A morte de Frank González (1975). Sada: Ediciós do Castro.
- Morrer en Castrelo do Miño (1978). Sada: Ediciós do Castro. Despois incluído na Biblioteca de Autores Galegos. Historia da loita dos labregos contra o encoro construído nesa vila
- A saga dun afiador (1980). Sada: Ediciós do Castro, 153 páxs. ISBN ISBN: 84-7492-023-X. Reeditada en Xerais, 2001, ISBN 9788475076836. Inclúense palabras do barallete.
- A ceo aberto (1981). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 9788474920949.
- Corrupción e morte de Brigitte Bardot (1981). Vigo: Xerais. 288. ISBN 9788475070414.
- Reportaxe cósmico (1983). Sada: Ediciós do Castro. 140 páxs. ISBN 9788474921533. Ficción científica.[12]
- A fraga dos paxaros salvaxes (1985). Vigo: Xerais. 192 páxs. ISBN 9788475071862.
- O minotauro (1989). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, colecciónMedusa. ISBN 978-84-7824-025-8.
- Agosto do 36 (1991). Vigo: Xerais. Traducida ao castelán).[13] 160 páxs. ISBN 978-84-8302-782-0 (15ª ed.).
- A cidade das chuvias (1994). Vigo: Xerais. 184 páxs. ISBN 9788475078267.
- O atentado (1999). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 9788483023945.
- O último paraíso (2001). A Coruña: Espiral Maior. 248 páxs. ISBN 978-84-9782-239-8.
- Millo verde (2002). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-8302-824-7.[14]
- Os últimos fuxidos (2004). Vigo: Xerais. 248 páxs. ISBN 978-84-9782-239-8 (2ª ed.).
- Tempo de centeo (2009). Vigo: Xerais. 232 páxs. ISBN 978-84-9914-004-9.
Relatos
[editar | editar a fonte]- Co medo nas mans (1996). Vigo: Xerais. Relatos. 152 páxs. ISBN 9788483021194.
- Ulcis (2020). Libro póstumo. Vigo: Xerais. Edición de F. Fernández Naval e prólogo de X. L. Méndez Ferrín. 184 páxs. ISBN 978-84-9121-702-2.[15] ePub: ISBN 978-84-9121-709-1. Relatos.
Narrativa infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- O conto da boa e da mala pipa (1996). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 9788478242757.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde, (2012).Vigo: Xerais, Memoria. 176 páxs. ISBN 978-84-9914-347-7.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Unha liña no ceo (1996). Vigo: Xerais.
- Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. II) (2006). Consello da Cultura Galega.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006). Difusora.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Galicia de Xornalismo no 1985.
- Premio Xerais no 1991, por Agosto do 36.
- Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2000, por O atentado.
- Galardoado coa Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2003.
- Premio Brais Pinto no 2013.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Adeus a Xosé Fernández Ferreiro". Real Academia Galega. Consultado o 2022-02-06.
- ↑ "Xosé Fernández Ferreiro". www.aelg.gal. Consultado o 2022-02-06.
- ↑ 3,0 3,1 Redacción (17 de decembro de 2015 [actualizado o 22 de decembro de 2015]). "Fallece en A Coruña el escritor y periodista Xosé Fernández Ferreiro". mundiario.com (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2023.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-02-06.
- ↑ "Xosé Fernández Ferreiro Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-02-06.
- ↑ "Xosé Fernández Ferreiro – Almanaque das Irmandades". Consultado o 2022-02-06.
- ↑ "Xosé Fernández Ferreiro ocupará la vacante de Del Riego en la RAG". laopinioncoruna.es. Consultado o 18 de xuño de 2018.
- ↑ "Morre o escritor Xosé Fernández Ferreiro, o afiador das letras galegas". La Voz de Galicia. 2015-12-17. Consultado o 2022-02-06.
- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu:f". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-02-06.
- ↑ "Fernández Ferreiro onda o Sil". Faro de Vigo. 2009-11-13. Consultado o 2022-02-06.
- ↑ "«Unha poética pouco coñecida e adoito esquecida», artigo en Grial 240". CREBAS.GAL. Consultado o 24/01/2024.
- ↑ "De número". Real Academia Galega. Consultado o 2022-02-06.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. pp. 17–18. ISBN 84-8288-365-8.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-02-06.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-11-12.
DLG 1994 Xosé Fernández Ferreiro, RAG. |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.