Saltar ao contido

Antonio Gil Merino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Gil Merino
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1916 Editar o valor en Wikidata
Castrillo de Villavega, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de outubro de 2009 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Valladolid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador, escritor, arquiveiro Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX951066 Dialnet: 707694

Antonio Gil Merino, nado en Castrillo de Villavega (provincia de Palencia), o 4 de xuño de 1916[1] e finado na Coruña o 18 de outubro de 2009, foi un historiador, arquiveiro e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato en Santander e despois marchou a Valladolid a estudar Filosofía e Letras, onde se licenciou en 1936, pouco antes do estoupido da guerra civil española. Comeza a traballar como profesor de bacharelato en Santander e Torrelavega ao rematar a guerra, ata que en agosto de 1944 aproba as oposicións a arquiveiro e é destinado á Biblioteca pública de Lugo. En 1948 ocupa o cargo de arquiveiro de Facenda en Lugo, pero non abandona o seu traballo como bibliotecario: durante a súa xestión fusiónase a biblioteca da Deputación coa estatal, empréndese a creación de bibliotecas municipais nalgunhas vilas da provincia e créase o Arquivo Histórico Provincial de Lugo, que presidiu.

Nomeado director do Arquivo Histórico do Reino de Galicia, en 1954 é nomeado académico correspondente da Real Academia Galega. O 13 de decembro de 1975 le o seu discurso de ingreso e convértese en membro de pleno dereito da institución, a proposta de Enrique Chao Espina, Antonio Meijide Pardo, Francisco Vales Villamarín e Eugenio Torre Enciso. En 1993, logo do falecemento de Juan Naya Pérez, comeza a desenvolver o labor de arquiveiro da institución, pero non é nomeado oficialmente para o posto ata o 29 de novembro de 1997, cargo que ocupará ata o 16 de novembro de 2005.

Tamén foi membro de diversas institucións culturais, coma o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses ou o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.

É autor de numerosos artigos e contribucións en arquivística, publicados en revistas e volumes colaborativos. Tamén publicou unha biografía de José Cornide Saavedra: La vida y obra de Don José Cornide Saavedra (breve biografía) (1992).

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casado, tivo un fillo e unha filla[2]. Foi soterrado no camposanto coruñés de San Amaro.


Predecesor:
Juan Naya Pérez
 Arquiveiro/Bibliotecario da RAG 
1997-2005
Sucesor:
Xosé Luís Axeitos Agrelo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]