Saltar ao contido

Ctenosaura similis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ctenosaura similis

Exemplaers en Costa Rica.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Familia: Iguanidae
Xénero: Ctenosaura
Especie: C. similis
Nome binomial
Ctenosaura similis
(Gray, 1831)

A iguana raiada (Ctenosaura similis) é un iguánido centroamericano e mexicano presente dende Panamá até o istmo de Tehuantepec en México. Foi introducida en Florida e nalgunhas illas do Caribe. Tamén se reporta en Colombia. É a especie máis grande do xénero Ctenosaura e foi recoñecida como o lagarto máis rápido da Terra, podendo alcanzar unha velocidade de 35 km/h.

O macho mide até 1,3 metros de lonxitude mentres que a femia pode alcanzar o metro. Os exemplares novos tenden a ser insectívoros e a medida que van medrando fanse máis herbívoros. Na idade adulta aliméntase de froitos, talos, follas, tamén flores e pon preto de 30 ovos que eclosionarán 90 días despois. Ó ser oportunista tamén se alimenta de peixes, ovos, aves, roedores e mesmo crías de tartarugas mariñas e prefire vivir en zonas rochosas e ariscas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]