Cummingtonita
Cummingtonita | |
---|---|
Fórmula química | (Mg,Fe)7Si8O22(OH)2 |
Clase | Silicato |
Subclase | Inosilicato |
Sistema cristalino | Monoclínico |
Cor | Verde claro, castaño claro |
Brillo | De sedoso a vítreo |
Dureza | 5 - 6 (escala de Mohs) |
Fractura | Astillosa |
Raia | Branca |
Densidade | 3,1 - 3,6 g/cm3 |
A cummingtonita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo inosilicatos e dentro destes pertence aos anfíbolos monoclínicos.[1] É un silicato de ferro e magnesio, con aspecto de agregados bacilares cor castaña. É polimorfo da antofilita, coa súa mesma composición química pero distinto sistema cristalino.
Propiamente, cummingtonita é o termo intermedio dunha serie de solución sólida con cantidades de ferro e magnesio substituíbles entre si, de forma que toda a serie denomínase con este nome. Nun extremo da serie estará a magnesiocummingtonita (Mg7Si8O22(OH)2) e no outro extremo a grunerita (Fe7Si8O22(OH)2).
O nome procede da cidade de Cummington, en Massachusetts (EUA), onde foi descrito en 1824. Sinónimos pouco usados son antolita e kievita.
Ambiente de formación
[editar | editar a fonte]Aparece en rochas metamórficas, tanto metamorfismo de contacto como rexional, de facies de xistos verdes ou ecloxitas xistos azuis. Tamén se pode encontrar como mineral primario nalgunhas dioritas, gabros e noritas.
Minerais asociados á cummningtonita en todas estas rochas son hornblenda, antofilita, actinolita, tremolita, arfvedsonita, glaucofana, cuarzo e granate.
Localización, extracción e uso
[editar | editar a fonte]Depósitos importantes deste mineral atópanse en Massachusetts, Dakota e Wisconsin (EEUU), en Labrador (Canadá), Xapón, Escocia, Finlandia, Noruega e Suecia. En España encóntranse en Miranda (Asturias), Níjar (Almería) e Ojén (Málaga).
A cummingtonita non ten uso comercial, só interese científico e coleccionístico.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hawthorne, Frank C., and Roberta Oberti (2006), On the classification of amphiboles: Canadian Mineralogist: 44(1): 1-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cummingtonita |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Klein, Cornelius., 2002, The Manual of Mineral Science, 22nd ed., John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25177-1
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos sobre localización da cummingtonita (en inglés)
- Sitio web con datos da cummingtonita (en inglés)
- Galería de minerais con información da cummingtonita (en inglés)
- Mineral Data Publishing, 2001 PDF (en inglés)
- Galería de imaxes da cummingtonita en Internet: [1] [2]