Saltar ao contido

Cuvilliés-Theater

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cuvilliés-Theater
Coordenadas48°08′27″N 11°34′48″L / 48.1409, 11.58002
editar datos en Wikidata ]

O Cuvilliés-Theater (Altes Residenztheater) é un pequeno teatro rococó situado dentro do pazo da Münchner Residenz, na cidade de München (Alemaña). É considerado unha das xoias do barroco teatral.

O teatro foi encargado polo elector Maximiliano Xosé III como a nova casa de ópera, sendo deseñado polo arquitecto francés Francois de Cuvilliés o vello (1695-1768) entre 1751 e 1753 e construído por Johann Baptist Straub, sendo coñecido como "Cuvilliés-Theater", e nun principio estaba reservado exclusivamente a membros da corte. Foi inaugurado o 12 de outubro de 1753 coa ópera Catone in Utica, do compositor italiano e director da orquestra da corte bávara Giovanni Battista Ferrandini.

Orixinalmente estaba situado dentro do actual Neues Residenz Theater, mais foi desarmado en 1943 durante a segunda guerra mundial para evitar a súa total destrución polos bombardeos que destruíron a actual Bayerische Staatsoper (Nationaltheater München) o 18 de marzo de 1944 e que só esnaquizaron o edificio, que foi reedificado exactamente a poucos metros da súa localización orixinal e reinaugurado o 12 de xuño de 1958 como parte das celebracións do 800 aniversario da cidade de München, aínda que non foi ata 1985 cando se puido ver finalizado. Esta nova localización se atopa na outra á do pazo da Residencia, sobreviviron os tallados en madeira, aínda que se perdeu a cúpula pintada por Johann Baptist Zimmermann.

Na sala leváronse a cabo as estreas de Idomeneo, re di Creta de Mozart (1781)[1] e Abu Hassan de Weber, sendo o ámbito clásico para a representación de Capriccio de Richard Strauss.

Foi renovado entre o 2004 e o 2008, e reaberto o 14 de xuño de 2008[2] coa premier dunha nova produción de Idomeneo de Mozart, dirixida por Kent Nagano.

  1. Bayerische Schlösserverwaltung
  2. Von Tholl, Egbert; Wiedemann, Christoph (17 de maio de 2010). "Wiedereröffnung des Cuvilliés-Theaters - Theaterraum mit Tücken". sueddeutsche.de (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2013. Consultado o 05 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Dieter Derksen und Eberhard Horst: „Das verkünstelte Opernhausgepäu des Herrn von Cuvilliés“. Zur Geschichte des Münchener Residenztheaters.Süddeutscher Verlag, München 1989, ISBN 3-7991-6434-0
  • Hundt, Dietmar und Ettelt, Elisabeth: François de Cuvilliés d. Ä., François de Cuvilliés d. J.. Freilassing 1990.
  • Rueth, Andrea: François de Cuvilliés d. Ä.. In: Wurst, Jürgen und Langheiter: Monachia. München 106-107. ISBN 3-88645-156-9
  • Schnell, Johannes: François de Cuvilliés' Schule Bayerischer Architektur. Ein Beitrag zum Stichwerk und zur Architekturtheorie beider Cuvilliés. München 1961.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]