Daniel Salgado
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1981 (43 anos) Monterroso, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía e xornalismo |
Lugar de traballo | Galicia |
Ocupación | xornalista, poeta |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Fernando Salgado García |
Premios | |
Daniel Salgado García, nado en Monterroso o 27 de outubro de 1981, é un poeta e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en El País, Nós Diario e elDiario.es. Dirixiu Ariel. Boletín quincenal de cinema en galego editado polo Cineclube Compostela, e coordina o volume Cairón, voceiro do Instituto de Estudos Ulloáns. Colaborador de A Trabe de Ouro, A Nosa Terra, Dorna e Xistral. Tradutor ao galego de Allen Ginsberg. Participou como coautor na curtametraxe documental O río é noso (2004) para protestar contra os encoros do Alto Ulla.
Como poeta gañou en 2001 o Premio de Poesía O Facho; foi accésit do Certame de poesía Francisco Añón co poemario Do preguizoso costume de estarmos vivos; gañou o Premio de poesía Uxío Novoneyra[1] en 2002 con Sucede; foi finalista do Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño en 2004 co libro Agora qué; e obtivo o Premio Esquío de poesía[2] en 2004 por Días no imperio.
Formou parte do grupo Das Kapital, facendo as bases musicais. En 2018 comezou o proxecto musical vietcong, canda a Alexandre Losada (guitarra), Luís Garrido (saxofón e sintetizadores) e mais Marcos Flórez (baixo)[3].
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Sucede (2004, Espiral Maior)
- Días no imperio (2004, Sociedade de Cultura Valle-Inclán)
- Éxodo, 2006 (Ed. Xerais)
- Os poemas de como se rompe todo (2007, Sotelo Blanco)
- Ruído de fondo (2012, Ed. Xerais)
- Dos tempos sombrizos (2013, Ed. Xerais)
- Ensaios (2015, Inés de Castro Edicións)
- O Gran Rexeitamento. Flores para Albert Ayler (plaquette, 2017. Apiario Editora, Colección Pan de abella)
- Os paxaros e outros poemas (2021, Xerais). 56 páxs. ISBN 978-84-9121-794-7. ePub: ISBN 978-84-9121-788-6.
- Poemas realistas (2024, Apiario)
Ensaio
[editar | editar a fonte]- A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017), con Martiño Noriega, 2017.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Ouveo, de Allen Ginsberg, 2007, Positivas.
- Poesía última de amor y enfermedad, de Lois Pereiro, 2012, Libros del Silencio, Barcelona.
- A poesía como arte insurxente, de Lawrence Ferlinghetti, 2021, Rodolfo e Priscila Ed.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
- Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- AGE, a emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda, 2013, 2.0 editora. Con Manuel Darriba.
- Dez anos de poesía nas Pontes, 2013, Galebook.
- A guerra, 2013, Barbantesa. Con María do Cebreiro.
- Novas de poesía. 17 poetas, 2013, Fundación Uxío Novoneyra.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
- Salgueiro Maia. A liberdade non é unha utopía. (Ediciones Liliputienses, 2017).
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio de poesía Uxío Novoneyra no 2002, por Sucede.
- Premio Esquío de poesía no 2004, por Días no imperio.
- Premio de poesía Gonzalo López Abente no 2013, por Os tempos sombrizos (diario).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É fillo de Fernando Salgado, ex conselleiro da Xunta de Galicia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Daniel Salgado recibiu onte o premio de poesía Uxío Novoneyra" Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 18 de xaneiro de 2003.
- ↑ "Daniel Salgado y Noni Benegas ganan el Premio Esquío de Poesía" Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en De Concursos.
- ↑ "F I G A // Vietcong // Bazongo // Art Atak". Faro de Vigo. 4 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2019. Consultado o 16 de novembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en As escollas electivas
- Vídeo do autor recitando no Festival de Poesía de Salvaterra do Miño.
- Entrevista logo de gañar o Premio Esquío.