Darbo, Cangas
Darbo | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Cangas[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°15′51″N 8°46′55″O / 42.264186111111, -8.7819916666667 |
Poboación | 7.407 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 15[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Darbo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cangas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 7.407 habitantes (3.677 homes e 3.730 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 6.112 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de Santa María de Darbo é de estilo barroco. Preto da praia de Santa Marta atópanse os restos da ermida de Santa Marta. Na parroquia áchanse o IES Monte Carrasco e o IES María Soliño, ambos os dous institutos públicos de ensino secundario obrigatorio. Tamén está na parroquia o colexio público CEIP San Roque de Darbo, e o concertado Eduardo Pondal.
Tradición
[editar | editar a fonte]Na parroquia realízase o 8 de setembro a danza e contradanza de Darbo, danza ancestral con orixe polo menos no século XVI.[2][3] Foi recuperada entre os anos 1985 e 1986 despois de anos sen bailala por mor do franquismo. Esta Danza e Contradanza de Darbo enmárcase no conxunto da Romaría de Darbo, que se celebra entre os días 6 e 9 de setembro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ría de Vigo dende o Miradoiro do Balcón do Rei.
-
Ermida de San Blas de Darbo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Darbo
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Darbo, no concello pontevedrés de Cangas | |
---|---|
Balea | As Barreiras | O Castelo | Cima de Vila | Cunchido | A Madalena | Ourelo | O Piñeiro | San Pedro | San Roque do Monte | Santa Marta | O Seixo | A Serra de Nacente | A Serra de Poente | Ximeu |
Parroquias de Cangas
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cangas | |
---|---|
Aldán (San Cibrán) | Cangas (Santiago e San Salvador) | Coiro (San Salvador) | Darbo (Santa María) | O Hío (Santo André) |