Saltar ao contido

David Mosquera Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosquera
Información persoal
Nome David Mosquera Rey
Nacemento 21 de novembro de 2001
Lugar de nacemento Badaxoz
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Alondras
Número 16
Carreira xuvenil
2015–2017 Deportivo da Coruña
2017–2018 Victoria
2018–2019 Ural
2019–2020 Extremadura
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2020–2021 Extremadura B 22 (1)
2022 Extremadura 7 (1)
2022 Calamonte 1 (0)
2022– Alondras 25 (9)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 1 de abril de 2023.
editar datos en Wikidata ]

David Mosquera Rey, nado en Badaxoz o 21 de novembro de 2001, é un futbolista galego que xoga como dianteiro no Alondras, da Terceira División RFEF. É fillo do exfutbolista e adestrador Manuel Mosquera e irmán máis novo do tamén futbolista Manu Mosquera.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Badaxoz en 2001, na época na que seu pai, o histórico dianteiro do CF Extremadura Manuel Mosquera, militaba no desaparecido club estremeño. En 2015 incorporouse ás categorías inferiores do Deportivo da Coruña, por onde pasaran tamén seu pai e seu irmán Manu.[1] Despois de dous anos no club branquiazul, xogou nas canteiras do Victoria coruñés e do Ural, antes de regresar a terras estremeñas cando seu pai colleu as rendas do Extremadura UD.

Pasou polo equipo xuvenil do Extremadura e polo filial, ata que na tempada 2021/22 debutou co primeiro equipo na Primeira División RFEF da man de seu pai. A súa estrea produciuse na xornada 18, nun histórico partido ante o Real Unión no Stadium Gal que acabou con vitoria por 0-1, e onde coincidiu no campo con seu irmán.[2] Foi a derradeira vitoria do club, que desapareceu pouco despois. Manu fichou entón polo Calamonte, onde xogou brevemente antes de volver a Galicia.

En agosto de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Alondras, da Terceira División RFEF.[1]

  1. 1,0 1,1 "David Mosquera llega al Alondras con hambre de gol". Faro de Vigo (en castelán). 20 de agosto de 2022. Consultado o 1 de abril de 2023. 
  2. Morán, Rodrigo (8 de xaneiro de 2022). "Un Extremadura de leyenda en Irún" (en castelán). Consultado o 1 de abril de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]