David Steadman
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de agosto de 1951 (73 anos) |
Educación | Universidade de Florida Universidade de Arizona PennWest Edinboro (en) |
Actividade | |
Ocupación | paleontólogo, herpetólogo, ornitólogo, conservador |
Empregador | Universidade de Florida |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Steadman |
David William Steadman, nado o 18 de agosto de 1951, é un paleontólogo, ornitólogo e herpetólogo estadounidense, que actualmente traballa como consevrador de ornitoloxía no Museo de Historia Natural de Florida, da Universidade da Florida.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]- 1973: Licenciatura en bioloxía polo Edinboro State College, actual Edinboro University of Pennsylvania (Edinboro, Pensilvania).[2]
- 1975: Mestrado en zooloxía pola Universidade da Florida.[2]
- 1982: Doutoramento en xeociencias pola Universidade de Arizona.[2]
Investigacións
[editar | editar a fonte]Os estudos do doutor Steadman centráronse sobre a evolución, a bioxeografía, a bioloxía da conservación e a extinción de aves tropicais, en particular en illas do océano Pacífico.[2][3]
Fixo investigacións en máis de 45 países, incluíndo 150 illas diferentes do océano Pacífico e do mar Caribe. É o autor de 205 publicacións científicas, incluíndo Extinction and Biogeography of Tropical Pacific Birds, publicada por University of Chicago Press en 2006. As súas investigacións actuais inclúen proxectos en Florida, Bahamas, Turks e Caicos, Guïana e o Perú.[2]
Ralizou numerosas escavacións en sitios arqueolóxicos prehistóricos, e descubriu extincións masivas de especies causadas por humanos nas primeiras etapas da colonización de illa oceánicas. Ralizaou varias expedicións ás illas Galápagos e describiu varias especies de aves extintas e, máis recentemente, participou no descubrimento de que Rigidipenna inexpectata, unha ave das illas Salomón, é unha especie (en lugar dunha subespecie de Podargus ocellatus, como se cría anteriormente).
Ademais, en 2006 decribiu a rara especie Didunculus placopedetes, un colúmbido da subfamilia dos didunculinos,[4] en base a restos subfósiles atopados en depósitos de covas na illa de ʻEua, no Reino de Tonga,[5] e tamén se encontrou durante escavacións arqueolóxicas nas illas de Tongatapu, Lifuka, Ha'ano e outras. Os lugares de escavación datan de 2 700 a 2 850 anos a.C.[6]
Traballou extensamente na illa de Pascua, realizando as primeiras escavacións sistemáticas na illa para identificar a flora e a fauna que unha vez viviron alí.[7]
Así mesmo, Sreadman está implicado en estudos sobre a evolución, a sistemática e a extinción dos vertebrados das illas das Perlas.[2]
Labor docente
[editar | editar a fonte]O seu papel principal como docente foi orientar a investigación por parte de estudantes da Universidade da Florida, incluíndo a evolución, a morfolóxica e molecular das aves terrestres e dos mamíferos. Tamén está colaborando coa estudante Nicole Cannarozzi e os arqueólogos Richard Cooke e Máximo Gómez na análise e interpretación de ricos conxuntos de materiais zooarqueolóxicos (moluscos, ósos) de lugares culturais prehistóricos nas illas das Perlas; estes sitios teñen a clave para comprender o alcance do impacto humano prehistórico sobre os recursos mariños e terrestres neste arquipélago, que se encontra ao sur da cidade de Panamá no océano Pacífico.[2]
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Steadman emprégase para recoñecer a David Steadman como autoridade na descrición e taxonomía en paleontoloxía e zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Steadman, D. (2006): Extinction and Biogeography in Tropical Pacific Birds. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 978-0-2267-7142-7.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Dr. David Steadman. Curator of Ornithology. Florida Museum of Natural History. University of Florida.
- ↑ Line, L. (1995): "Gone the way of the dinosaurs - biologist David Steadman unearths bones of extinct flightless birds in Tonga".International Wildlife, Vol. 25, Nº. 4. Amplo resume Arquivado 29 de maio de 2019 en Wayback Machine..
- ↑ Steadman D. W. (2006): "An extinct species of tooth-billed pigeon (Didunculus) from the Kingdom of Tonga, and the concept of endemism in insular landbirds". Journal of Zoology 268 (3): 233–241. Resume.
- ↑ Hume, J. P. & Walters, M. 2012, p. 544.
- ↑ Tyrberg, T. 2009, p. 352.
- ↑ University of Florida News (2007): "UF scientists discover new genus of frogmouth bird in Solomon Islands Arquivado 08 de abril de 2014 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hume, J. P. & Walters, M. (2012): Extinct Birds. Londres, Reino Unido: T & AD Poyser. ISBN 978-1-4081-5725-1.
- Newton, Alfred (1893–1896): A Dictionary of Birds. Londres, UK: Adam & Charles Black.
- Tyrberg, T. (2009): "Holocene avian extinctions". En Turvey, S. T., (ed.) Holocene extinctions. Oxford, Reino Unido: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-953509-5.