Defensor do pobo
O defensor do pobo, tamén coñecido polo termo sueco ombudsman, é o funcionario dun estado o dun goberno rexional encargado de representar os intereses dos cidadáns e de defendelos dos abusos que poidan cometer os poderes políticos do mesmo estado ou goberno.
Este cargo ten a súa orixe na constitución sueca de 1809 na que se creou a figura do Ombudsman ("representante") para solucionar os problemas dos abusos pola vía burocrática ou xudicial. Por ser o primeiro en moitos idiomas coñécese ao defensor do pobo co nome en sueco.
A súa eficacia é limitada xa que non pode sancionar as actuacións da administración ou as autoridades, e polo tanto ten un carácter máis político que xudicial. Nalguns países o defensor do pobo ten a potestade de presentar accións diante dun Tribunal Constitucional. Nalguns estados o defensor pode comezar procesos xudiciais.
Algúns exemplos de defensores do pobo son: