Saltar ao contido

Doenza de Paget de mama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Doenza de Paget de mama
Clasificación e recursos externos
A doenza de Paget adoita aparecer no complexo aréola-mamila.
OMIM602080
DiseasesDB9500
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A doenza de Paget de mama, tamén coñecida como doenza de Paget de mamila, é un tipo de cancro de mama que afecta a mamila e a aréola[1] e que exteriormente pode ter aparencia de eccema.[2] Debido á súa aparencia inocua e superficial, frecuentemente é de manifestación serodia, pero é unha doenza que pode ser fatal. A doenza de Paget mamaria afecta entre 1 e 4 de cada 100 000 mulleres.[3]

A doenza de Paget extramamaria (EMPD) ten as mesmas características histolóxicas que a enfermidade de Paget de seo pero distinta localización.

Síntomas

[editar | editar a fonte]

O primeiro síntoma é usualmente unha irritación de tipo eczema, que polo xeral só afecta unha mamila. A pel da mamila e a aréola pode estar vermella e inflamada. Algunhas mulleres presentan proído, ardor ou sensación de queimadura. Pode gotear un fluxo líquido da área composta de células anormais. A mamila pódese voltear ó interior (aparece investido). Pode ou non haber unha tumoración no seo, pode existir avermellado, secreción ou costra, e unha chaga que non sanda.

Patoloxía

[editar | editar a fonte]

Crese que as células de Paget que crecen anormalmente na rexión posterior á mamila e a aréola son células dun carcinoma ductal que migraron xusto por baixo da epiderme do seo. Esta teoría vese apoiada polo feito de que tanto as células na doenza de Paget como as que forman un carcinoma ductal expresan os mesmo marcadores tumorais: c-erb B-2, ciclin D e Ki-67.

  1. "Enfermedad de Paget de seno". 
  2. Instituto Nacional del Cáncer. enfermedad de Paget del pezón Arquivado 14 de maio de 2009 en Wayback Machine. (en español). Diccionario de cáncer. Consultado o 24 de setembro de 2008.
  3. José María González Ortega. Enfermedad de Paget del complejo areola-pezón. Nuestra casuística Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en español). Congreso Virtual Hispanoamericano de Anatomía Patológica, outubro de 2005.