Saltar ao contido

Domingos Dosil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDomingos Dosil
Biografía
Nacementosetembro de 1943 Editar o valor en Wikidata
Muros, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de febreiro de 2012 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMuros Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Muros
2007 – 2011
← Caridad González CerviñoCaridad González Cerviño → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor en Wikidata
Premios


Domingos Dosil Cubelo, nado en Muros en setembro de 1943 e finado en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 2012, foi un líder do movemento asociacionista e político galego que foi alcalde de Muros dende 2007 ata o 2011, polo BNG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mariñeiro da mercante, aos 18 anos tivo un accidente mentres se bañaba na praia, que o deixou tetrapléxico[1]. Despois de varios meses de rehabilitación, estudou para técnico de radio e en 1982 participou na fundación de ADIBISMUR, a Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros. En 1984 pasou a ser o seu presidente e en 1991 fundou COGAMI (Confederación Galega de persoas con Discapacidade), da que foi presidente ata 2007. Foi vogal de COCEMFE (o organismo español equivalente) así como presidente do Comité Español de Representantes de Minusválidos (CERMI) en Galicia.

Deu o salto á política en 2007 ao encabezar a lista electoral do BNG polo concello de Muros nas eleccións municipais de 2007.

Accedeu á alcaldía tras un polémico pacto co PP, cando a dirección do BNG dera a orde de darlle o seu apoio ó PSdeG-PSOE de Caridad González Cerviño que non tiña maioría absoluta. En decembro de 2010 perdeu as eleccións primarias do BNG de Muros ante María Xosé Alfonso, polo que non puido presentarse ás eleccións de 2011. Desta forma o 11 de xuño de 2011 foi substituído pola socialista Caridad González.


Predecesor:
Caridad González
 
alcalde de Muros
 
2007-2011
Sucesor:
Caridad González

Galardóns

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Solteiro e sen fillos, faleceu como consecuencia de cancro[2]. Foi incinerado e soterrado en Muros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]