Saltar ao contido

Donbass Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Donbass Arena
Донбасc Арена
Ucraína Donbass Arena
Datos
Coordenadas48°01′15″N 37°48′35″L / 48.020833, 37.809722
LocalizaciónDonetsk, Ucraína
Construción
Inauguración29 de agosto de 2009
ArquitectoArupSport
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade51.504
PropietarioShakhtar Donetsk
LocalíaShakhtar Donetsk
Webhttp://donbass-arena.com
Eventos
editar datos en Wikidata ]

O Donbass Arena ou Donbas Arena (en ucraíno: Донбас Арена, en ruso: Донбасc Арена) é un estadio de fútbol situado en Donetsk, Ucraína. Actualmente é utilizado principalmente para partidos de fútbol, sendo o estadio local do Shakhtar Donetsk. O estadio, que será unha das sedes da Eurocopa 2012, ten capacidade para 51.504 espectadores.

O Donbass Area inaugurouse o 29 de agosto de 2009, día dos mineiros en Ucraína e día da cidade de Donetsk. Destacar que este día non foi elixido por casualidade: o nome do club local, Shakhtar Donetsk, en galego tradúcese como "os mineiros de Donetsk" e ademais a cidade atópase en Donbass, unha rexión mineira, polo que esta data foi elixida polo seu simbolismo. A cantautora de R&B Beyoncé actuou na noite inaugural, sendo súa primeira actuación en Ucraína.

O Donbass Area foi deseñado por ArupSport Company, que xa construíra o Eithad Stadium, en Manchester (Reino Unido) o Allianz Arena en Múnic (Alemaña), o Estadio Olímpico Lluís Companys en Barcelona (España) e o Sydney Football Stadium en Sydney (Australia). A súa solución de enxeñaría, co efecto de teito á alza, fai que o estadio se asemelle a un prato volante. O estadio atópase preto do RSK Olimpiyskiy Rexional Sports Complex, no parque Lenin Comsomol en pleno centro da cidade.

  • O terreo (incluído o campo), onde se atopa o estadio abrangue unha superfie de 46.780 m².
  • A altura do estadio é de 54 m dende o chan até á parte superior do teito.
  • Conta con 227 aseos, con 471 WC e 333 lavabos.
  • A área total acristalada é de aproximadamente 24.000 m².
  • O tamaño do campo de fútbol é de 105 x 68 m, 7.668 m² de céspede natural e 2.201 m² de céspede artificial.
  • É o unico estadio de categoría elite da UEFA, que esta cualificado con 6 estrelas.

Eurocopa 2012

[editar | editar a fonte]

O Donbass Arena albergou durante o campionato cinco encontros: tres encontros da fase de grupos, correspondentes ao Grupo D, un de cuartos de final e unha semifinal. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
11 de xuño Primeira rolda Francia Francia
1 - 1
Inglaterra Inglaterra
47.400
15 de xuño Primeira rolda Ucraína Ucraína
0 - 2
Francia Francia
48.000
19 de xuño Primeira rolda Inglaterra Inglaterra
1 - 0
Ucraína Ucraína
48.700
23 de xuño Cuartos de final España España
2 - 0
Francia Francia
47.000
27 de xuño Semifinal Portugal Portugal
0 - 0
España España
48.000

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]