Druk Air
Druk Air འབྲུག་མཁའ་འགྲུལ་ལས་འཛིན། | ||
---|---|---|
IATA KB | OACI DRK | Indicativo ROYAL BHUTAN |
Fundación | 5 de abril de 1981 | |
Inicio das operacións | 11 de febreiro de 1983 | |
Aeroporto principal | aeroporto de Paro | |
Plan de voo frecuente | My Happiness Reward | |
Frota | 4 | |
Destinos | 13 | |
Eslogan da compañía | On the Wings of the Dragon | |
Sede | Paro, Bután | |
Páxina web: http://www.drukair.com.bt/ |
Drukair Corporation Limited (dzongkha: འབྲུག་མཁའ་འགྲུལ་ལས་འཛིན།), operando como Drukair - Royal Bhutan Airlines, é a aeroliña nacional do Reino de Bután, con base no dzongkhag occidental de Paro.
Foi fundada no ano 1981, dez anos despois de que o Druk Gyalpo Jigme Dorji Wangchuck comezase a abrir gradualmente o reino dun illamento autoimposto, e sete anos despois de recibir aos seus primeiros visitantes estranxeiros. A aeroliña comezou a operar en 1983 con voos dende Calcuta a Paro usando avións Dornier Do 228. En novembro de 1988 pasou a utilizar BAe 146-100 e, co obxectivo de satisfacer a crecente demanda, estes avións foron substituídos en 2004 por dous Airbus A319.
Drukair opera unha modesta rede de voos regulares dentro da rexión de Asia Meridional dende a súa base do aeroporto de Paro. En marzo de 2018 a aeroliña voaba a 13 destinos en seis países.[1]
Frota
[editar | editar a fonte]En marzo de 2016 a frota de Drukair estaba formada polos seguintes avións:[2][3]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
J | Y | Total
| ||||
Airbus A319-100 | ||||||
ATR 42-500 | 1 | — | — | 48 | 48 | |
Total | 4 | 2 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Druk Air (ed.). "Destinations". Consultado o 26 de marzo de 2018.
- ↑ Drukair (ed.). "Fleet information". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2018. Consultado o 26 de marzo de 2018.
- ↑ Planespotters (ed.). "Druk Air - Royal Bhutan Airlines Fleet Details and History". Consultado o 26 de marzo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Bután |