Antigamente estaba dividido entre catro poboacións: Gràcia, Sant Joan d'Horta, Sant Martí de Provençals e Sant Andreu de Palomar. Entre finais do século XIX e principios do XX foi un lugar de segundas residencias para a burguesía da entón vila de Gràcia. Ata os anos 1920 tivo un carácter marcadamente rural, con numerosos hortos e zonas verdes, feito que empezou a cambiar coa chegada dunha crecente inmigración do resto de España. Entón, as vivendas unifamiliares deixaron paso ás barracas, mentres que a partir dos anos 1960 empezaron a construírse grandes bloques de vivendas dentro do boom inmobiliario da época, que acabaron por transformar a fisionomía do barrio.[1]