Eloy Carlés
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Pontecesures, España |
Morte | 1956 O Grove, España |
Actividade | |
Ocupación | mecánico, político |
Eloy Carlés Romero, nado en Pontecesures e finado no Grove en 1956, foi un armador e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño de Cordeiro (Valga), onde era mecánico e propietario de dous lanchóns para o carrexo de area. Afiliado a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou na prisión de Compostela. Estivo un mes detido e saíu grazas á mediación de parentes e amizades de dereitas. Estivo agochado ata que puido marchar a Buenos Aires con dous compañeiros. Viviu uns anos na capital arxentina e traballou na General Motors. En 1944 decidiu volver a Galicia, instalándose no Grove, onde morreu en 1956.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mascato, Antón (2019). Atila no Grove. Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948). Santiago de Compostela: Positivas. p. 359. ISBN 978-84-120184-6-2.