Emilio Lois Cerviño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 Carballedo, España |
Morte | 22 de febreiro de 1963 (55/56 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Actividade | |
Ocupación | mestre |
Emilio Lois Cerviño, nado en Carballedo (Cerdedo-Cotobade) en 1907 e finado en Vilagarcía de Arousa o de 22 de febreiro de 1963, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, rematando en 1927.[1] Foi nomeado mestre interino de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras) en abril de 1930.[2] Cursillista de 1931, dende 1934 foi mestre do Igrexario en Cerdedo. Membro da Sociedad de Agricultores de Carballedo, formou parte da comisión de festas de San Roque en 1934.[3] Formou parte do Comité Pro-Estatuto de Autonomía de Cotobade en representación do PSOE.[4]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido durante tres meses de emprego e soldo pola Comandancia Militar de Ourense.[5] Traballou no Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa.[6] No proceso de depuración foi acusado de "Militancia en organizaciones afectas a la República, actitudes contrarias a la Causa Nacional e Ideología de izquierdas", e foi sancionado coa sepración definitiva do corpo o 11 de maio de 1940. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas o 9 de setembro de 1941.[7] Solicitou a revisión da sanción e escribiulle ao presidente do Julgado Superior de Revisións Pío García Escudero en demanda dunha resposta á súa solicitude en marzo de 1949.[8] Finou en Vilagarcía de Arousa o de 22 de febreiro de 1963.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Diario de Pontevedra, 17-6-1927, p. 2.
- ↑ La Región, 24-4-1930, p. 1.
- ↑ El Pueblo Gallego, 14-6-1934, p. 10.
- ↑ El Pueblo Gallego, 18-6-1936, p. 14.
- ↑ "Maestros pontevedreses suspendidos", La Voz de Galicia, 13-8-1936, p. 6.
- ↑ "Maestros do Leon XIII.". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2023. Consultado o 24 de xuño de 2023.
- ↑ BOE, 21-3-1942, p. 1497
- ↑ "La depuración franquista del Ayuntamiento de Pontevedra."
- ↑ Necrolóxica en La Noche, 25-2-1963, p. 4.