Saltar ao contido

Enterobacter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Enterobacter é un xénero de bacterias gramnegativas, anaerobias facultativas, con forma de bacilo da familia Enterobacteriaceae. Varias cepas desta bacteria son patóxenas e causan infeccións oportunistas en individuos inmunodeprimidos (xeralmente hospitalizados) e nos que requiren ventilación mecánica. Os tractos urinario e respiratorio son os sitios de infección máis comúns.

As dúas especies máis importantes clinicamente son E. aerogenes e E. cloacae.

A especie Enterobacter sakazakii agora recibe o nome de Cronobacter sakazakii. É unha causa rara de septicemias neonatais e dunha forma de meninxite de evolución grave. Informouse de infeccións asociadas ao consumo de alimentos por bebés.[1][2]

As súas características de laboratorio son lactosa positiva, indol negativa e urease negativa.[3] É unha enterobacteria que pode realizar a fermentación butanodiólica.[4]

  1. INVS 04/04/06 Infections à Enterobacter sakazakii associées à la consommation d'une préparation en poudre pour nourrissons Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. France, octobre à décembre 2004. Rapport d'investigation. Mars 2006. 4 avril 2006
  2. Bowen, Anna B.; Braden, Christopher R. (2006-08). "Invasive Enterobacter sakazakii Disease in Infants". Emerging Infectious Diseases 12 (8): 1185–1189. ISSN 1080-6040. PMC 3291213. PMID 16965695. doi:10.3201/eid1208.051509. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2013. Consultado o 06 de abril de 2020. 
  3. Russo Thomas A, Johnson James R, "Chapter 143. Diseases Caused by Gram-Negative Enteric Bacilli" (Chapter). Fauci AS, Braunwald E, Kasper DL, Hauser SL, Longo DL, Jameson JL, Loscalzo J: Harrison's Principles of Internal Medicine, 17e
  4. Madigan, M. T, Martinko, J. M. & Parker, J. 2003. Brock Biología de los Microorganismos, 10ª edición. Ed. Prentice-Hall, Madrid. Páxina 376. ISBN 978-84-205-3679-8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]