Ernesto Anido
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 (53/54 anos) A Coruña, España |
Alcalde de Sada | |
2011 – 2015 ← Abel López Soto – Benito Portela Fernández → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Sada |
Ocupación | político, empresario |
Ernesto Anido Varela, nado na Coruña en 1970, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduado social e empresario. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Sada e foi elixido alcalde co apoio do Partido Demócrata Sada Popular (PDSP) de Ramón Rodríguez Ares[1].
En 2017 abríuselle xuízo oral por un delito de prevaricación e o fiscal solicitou para el unha condena de nove anos de inhabilitación para o desempeño de cargos públicos.[2] En 2019 foi absolto deses cargos pola Audiencia Provincial.[3] Non obstante, en xullo de 2021 o Tribunal Supremo admitiu os recursos das acusacións fronte a sentenza da Audiencia Provincial, revocando esta e condenando a Anido a 8 anos de inhabilitación como autor dun delito de prevaricación [4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «La mochila de Moncho» llevaba 5 votos para el PP
- ↑ La jueza abre juicio oral al excalcalde de Sada, Ernesto Anido, por un delito de prevaricación (en castelán)
- ↑ La Audiencia absuelve a Ernesto Anido de prevaricación administrativa en Sada(en castelán)
- ↑ El Supremo condena a 8 años de inhabilitación especial al exalcalde de Sada Ernesto Anido por la contratación de una coordinadora(en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Abel López Soto |
Alcalde de Sada 2011 - 2015 |
Sucesor: Benito Portela Fernández |