Espantallo e a señora King
Aparencia
Scarecrow and Mrs. King | |
---|---|
Bruce Boxleitner, un dos protagonistas da serie. | |
Formato | Espionaxe, |
Creado por | Brad Buckner Eugenie Ross-Leming |
Intérpretes | Kate Jackson Bruce Boxleitner Beverly Garland Mel Stewart Martha Smith Greg Morton Paul Stout Sam Melville |
País de orixe | Estados Unidos |
Episodios | 88 (4 tempadas) |
Produción | |
Duración | 60 m |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | CBS |
Primeiro episodio | 3 de outubro de 1983 |
Derradeiro episodio | 28 de maio de 1987 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Espantallo e a señora King é unha serie de televisión estadounidense creada por Brad Buckner e Eugenie Ross-Leming que emitiu a CBS entre 1983 e 1987. En Galicia emitiuna a TVG.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A serie protagonízana Kate Jackson e Bruce Boxleitner como a ama de casa divorciada e nai de dous fillos Amanda King e o axente secreto de alto nivel do goberno Lee Stetson que comezan unha estraña asociación resolvendo casos de espionaxe soviética e intrigas internacionais, e un eventual romance, ao se topar nunha estación de tren.