Estación de Córdoba
Villanueva de Córdoba-Los Pedroches | |
---|---|
Tren AVE na estación de Córdoba-Central | |
Situación | Córdoba |
A estación de Córdoba, chamada anteriormente Córdoba-Central, é unha estación de pasaxeiros situada na cidade andaluza de Córdoba. Tanto a estación de pasaxeiros como a de mercancías da cidade, son estacións de referencia do sur peninsular polo seu alto tráfico e o súa gran capacidade de conexións co resto do país. Ten paradas de autobús e taxis que facilitan o acceso aos viaxeiros a calquera punto da cidade.
Ata Córdoba chega a liña de ferrocarril convencional que une Madrid co sur peninsular, tendo na cidade a separación da liña que leva ata Málaga e Alxeciras. A outra liña continúa cara a Sevilla, onde se separa á súa vez cara a Cádiz ou Huelva. Tamén chega ata Córdoba a liña de AVE, bifurcándose cara a Sevilla ou cara a Málaga e Granada.
Está situada na Praza das Tres Culturas, cun acceso fácil pola Rolda Oeste de Circunvalación de Córdoba.
A estación de Córdoba foi construída para facilitar o acceso a Andalucía cun tren de alta velocidade, que se comezou a fraguar polo goberno español en 1986 cando decidiron construír o Novo Acceso Ferroviario a Andalucía (NAFA) en ancho internacional para circular a alta velocidade como xa existía noutros países.
Durante a súa construción, apareceron restos arqueolóxicos que quedaron parcialmente destruídos. A antiga estación de Cercadilla quedou en desuso (actualmente é a sede de RTVA provincial).
A estación posúe catro vías con ancho internacional especial para os trens de alta velocidade e outras catro de ancho ibérico para os servizos de Media distancia Renfe e longo percorrido por ancho ibérico.
Córdoba tamén conta cos apeadoiros de Rabanales, El Higuerón e Villarrubia, os cales (fóra de Rabanales) non están en uso. Espérase a continuación do seu servizo coa posta en marcha da liña de Proximidades de Córdoba.
Impacto da estación e a alta velocidade
[editar | editar a fonte]A chegada da alta velocidade a Córdoba supuxo o soterramento das vías de tren que dividían á cidade en dúas. Isto supuxo a liberación de máis de 42 hectáreas de terreo en pleno centro da cidade, onde foron a establecerse oficinas, vivendas e locais de lecer.
O soterramento das vías supuxo tamén a integración e recuperación de barrios marxinais, ao eliminar a barreira que supuña as vías do tren. Ademais, a chegada da alta velocidade outorgoulle a Córdoba maior dinamismo económico.
Trens e liñas
[editar | editar a fonte]Córdoba é cabeceira da liña de Media Distancia Córdoba-Bobadilla, Córdoba-Sevilla e Córdoba-Xaén. É intercambiador de tráfico das liñas de Media Distancia de alta velocidade (Avant) a Sevilla e a Málaga.
Liñas de Media distancia Renfe de Alta Velocidade | servizo | < | > | particularidades |
---|---|---|---|---|
Avant | Sevilla-Santa Justa | "terminal" | vía N.A.F.A. | |
Avant | Sevilla-Santa Justa | Málaga-María Zambrano | vía N.A.F.A. e L.A.V. Córdoba-Málaga |
Longo Percorrido
[editar | editar a fonte]En orde de importancia atópanse os trens AVE, que representan a maioría do tráfico de longa distancia, especialmente por mor da inauguración da L.A.V. Córdoba-Málaga co que Córdoba conta cun AVE a Madrid cada media hora, pois en Córdoba conflúen os trens AVE procedentes de Sevilla Santa-Justa e Málaga María-Zambrano. Por Córdoba tamén circulan os dous trens Altaria que usan o N.A.F.A., o Arco García Lorca con destino Barcelona pola rede de ancho ibérico xuntándose en Córdoba co procedente de Málaga-María Zambrano e os dous trens Trenhotel que une Cádiz con Barcelona-Sants e Málaga-María Zambrano con Barcelona-Sants.
servizo | < | > | particularidades |
---|---|---|---|
AVE | Sevilla Santa-Justa | Madrid-Puerta de Atocha | vía N.A.F.A. |
AVE | Sevilla Santa-Justa | Estación de Sants/Estación de Sagrera(2010-2012) | vía N.A.F.A. e L.A.V. Madrid-Barcelona |
AVE | Málaga-María Zambrano | Madrid-Puerta de Atocha | vía N.A.F.A. e L.A.V Córdoba - Málaga |
AVE | Málaga-María Zambrano | Estación de Sants/Estación de Sagrera(2010-2012) | vía N.A.F.A., L.A.V Córdoba-Málaga e L.A.V. Madrid-Barcelona |
Altaria | Cádiz | Madrid-Puerta de Atocha | vía N.A.F.A. tras cambiar de largo en Majarabique |
Arco García Lorca | Sevilla - Santa Justa | Barcelona | Alcázar de San Juan - València-Nord |
Trenhotel Antonio Machado | Cádiz | Barcelona | vía N.A.F.A. e L.A.V. Madrid-Barcelona |
Trenhotel Gibralfaro | Málaga-María Zambrano | Barcelona | vía N.A.F.A., L.A.V Córdoba-Málaga e L.A.V. Madrid-Barcelona |