Saltar ao contido

Estación de Segovia-Guiomar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Estación de Segovia - Guiomar»)
Segovia-Guiomar
Vista das vías
SituaciónSegovia
Servizosventa de billetes Cantina aparcamiento Accesible PMR Información
Liñas
Alta velocidadeAVE
Avant
Longa DistanciaAlvia
Intermodalidade
OutrosTaxi
Autobús urbano
Alugamento de vehículos
Vista xeral da estación
Estación de Segovia-Guiomar con Peñalara ao fondo.

Segovia-Guiomar é a estación ferroviaria de alta velocidade de Adif da cidade de Segovia. Atópase na liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid, a uns 6 quilómetros do centro da cidade, na contorna do polígono industrial de Hontoria.

Situación ferroviaria

[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 68,3 da liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid, entre as estacións de Madrid-Chamartín e Valladolid-Campo Grande.

A construción foi inaugurada o 22 de decembro de 2007 coincidindo coa inauguración da liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid.[1] Foi inaugurada polo presidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero, o presidente da Xunta de Castela e León Juan Vicente Herrera, a ministra de Fomento Magdalena Álvarez e o alcalde de Segovia Pedro Arahuetes, entre outras autoridades.

Denominación

[editar | editar a fonte]

O nome de Segovia-Guiomar foi elixido por Adif e segue as pautas marcadas polas que o nome da estación debía ser: feminino, relacionado coa cidade de Segovia e que non tivese carácter relixioso. Descartouse así a idea de chamala Isabel a Católica polas connotacións obviamente relixiosas. O nome adoptado corresponde a Pilar de Valderrama na vida real; Guiomar na poesía de Antonio Machado a cal foi parella de autor; o cal pasou un longo período da súa vida traballando na cidade de Segovia. Machado foi catedrático de francés do Instituto de Segovia de 1919 a 1932, sendo usuario habitual do ferrocarril para desprazarse a Madrid.

A estación

[editar | editar a fonte]

A estación responde a un deseño tipo ponte, é dicir: atópase sobre as vías.

Atópase a uns 300 metros da autoestrada AP-61 (Segovia-San Rafael). Nun principio o acceso a esta estación foi algo precario, xa que a celeridade coa que se puxo en marcha a liña ferroviaria e a propia estación desbordou a administración municipal; o viario de acceso anterior foi o que veu usando polos vehículos pesados durante a magna obra de construción da estación, a liña de alta velocidade así como dos túneles de Guadarrama que dan servizo a esta liña constituídos por dúas bocas de 28 quilómetros cada unha converténdose nun dos cinco túneles ferroviarios máis grandes do mundo, cuxa saída norte sitúase a escasos metros de Segovia Guiomar.

Hoxe en día a estación goza dun mellor acceso que parte da saída da cidade que sae cara a AP-61. Un dos puntos fortes da obra foi a ponte sobre a SG-20 (estrada de circunvalación de Segovia) e que alcanza unha luz máxima de 12 metros de taboleiro de formigón armado.

Servizos ferroviarios

[editar | editar a fonte]

Longa distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 24 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
AVE Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia León 2 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Aguilar de Campoo · Reinosa · Torrelavega Santander 2/3 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Laudio Bilbao-Abando 2 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Vitoria · Altsasu · Zumarraga · Tolosa · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · León · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 3/4 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Sahagún · León · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 1 tren diario por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Aguilar de Campoo · Reinosa · Torrelavega Santander 1 tren diario por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren semanal por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren semanal por sentido
  1. El Economista, ed. (22 de decembro de 2007). "Zapatero inaugura a nova estación do AVE Segovia-Guiomar". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]