Estación de Lugo
Lugo | |
---|---|
Estación de Lugo. | |
Situación | Praza do Conde Fontao s/n 27003 Lugo |
Servizos | |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Trenhotel |
Media distancia | MD |
Intermodalidade | |
Outros | Taxi |
A estación de Lugo é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Lugo. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 432,1 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Rábade e Laxosa. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
[editar | editar a fonte]O ferrocarril chegou a Lugo o 10 de outubro de 1875 coa o apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea entre Palencia e A Coruña por parte da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León que tivo que embarcarse nunhas obras de gran complexidade debido á orografía do terreo nalgunhas zonas.[2] En 1885, a mala situación económica da empresa concesionaria obrigoulle a fusionarse coa potente Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España. En 1941, Norte foi nacionalizada e integrada na recentemente creada RENFE quen xestionou a estación ata a súa separación en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.
O 4 de agosto de 2010, Fomento, o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia asinaron un acordo para a construción da nova estación intermodal de Lugo que integrará tren e autobús e que se situará na localización da actual estación de tren.[3] A obra abrirá as portas á chegada do AVE á cidade. O 29 de abril de 2011 Fomento aprobou un anteproxecto de estación con forma de ponte presentada por Eptisa Servicios de Ingeniería, Junquera Arquitectos e Calter Ingeniería.[4] Unha vez asinado o contrato o prazo de execución será de 27 meses.
A estación
[editar | editar a fonte]O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos de planta alongada e rectangular que loce un aspecto clásico. Sitúase no centro da cidade preto da muralla romana e da zona vella. Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central ás que acceden tres vías. Outras catro vías completan as instalacións. Os cambios de plataforma realízanse grazas a un paso subterráneo. Recentemente adaptouse a estación para persoas discapacitadas subindo a altura das plataformas para que estas persoas poidan subir facilmente aos trens. Construíronse dous ascensores que se comunican co paso subterráneo para ser usados para equipaxes, carriños de bebés e persoas discapacitadas.
Dispón de venda de billetes, atención ao cliente, aseos e cafetería. Todo o recinto está equipado con servizos adaptados para as persoas con minusvalía. No exterior existe un aparcadoiro situado enfronte do edificio, unha parada de taxi e outra de autobuses urbanos.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longa distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
4 | MD | A Coruña | <> | Monforte de Lemos Ourense-Empalme |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
- ↑ Palencia á La Coruña (Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 12 de outubro de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway
- ↑ Fomento, Concello e Xunta rubrican o acordo pola estación de Lugo
- ↑ Uz, Carmen (29 de abril de 2011). "Fomento propón unha estación-ponte sobre a vía do tren en Paradai". El Progreso. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2012. Consultado o 29 de abril de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información sobre saídas e chegadas na web de Adif Arquivado 30 de xuño de 2016 en Wayback Machine.