Saltar ao contido

Uxío Torre Enciso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eugenio Torre Enciso»)
Modelo:BiografíaUxío Torre Enciso
Biografía
Nacemento12 de novembro de 1908 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de abril de 1994 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncientífico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
IrmánsCipriano Torre Enciso Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1652535 BUSC: torre-enciso-uxio-1908-1994

Uxío Torre Enciso, nado na Coruña o 12 de novembro de 1908 e finado en Ferrol o 17 de abril de 1994, foi un químico, farmacéutico e xeólogo galego, membro numerario da Real Academia Galega[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Instituto Eusebio da Guarda, onde traballou Uxío Torre.

Fixo o bacharelato na súa cidade natal e estudou química e farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose nas dúas en 1930. Foi discípulo de César Sobrado Maestro, Luís Iglesias Iglesias e Isidro Parga Pondal. Exerceu como profesor axudante na Facultade de Farmacia (1932-1933). En Madrid doutorouse en xeoloxía. Traballou como profesor en institutos de Monforte de Lemos, Tui e o feminino da Coruña. En 1934 solicitou unha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas para ir a París e Anveres, Bélxica, a estudar Metodoloxía das Ciencias Naturais.[2]

Na guerra civil española foi sancionado polas comisións depuradoras do profesorado, coa inhabilitación para cargos directivos e de confianza, o que o obrigou a abandonar a dirección que acadara do centro de Monforte. Pasou por un instituto de Palma de Mallorca. En 1941 gañou unha cátedra que exerceu no Instituto Eusebio da Guarda ata a xubilación.[2]

Ingresou na Real Academia Galega o 24 de outubro de 1970 a proposta de Parga Pondal, Antón Fraguas e Luís Iglesias Iglesias, pronunciando o discurso Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia, respondido por Parga Pondal.[3] Foi membro da Real Sociedad Española de Historia Natural, da Real Sociedad Geográfica, membro fundador do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses e membro fundador da Real Academia Galega de Ciencias en 1977.[4][5][6]

Descubriu o papel da erosión fluvial e os restos fósiles da era cuaternaria en Galicia[4][5][6] e achegou interesantes estudos sobre as rías de Galicia.

  • Enfermedades de las plantas producidas por virus. A Coruña: [s.n.], 1950.
  • "Sobre una relación entre los tipos de disyunción de los granitos gallegos y su historia geológico-tectónica", Notas y Comunicaciones del Instituto Geológico y Minero de España, n. 31, 1953, pp. 33–34.
  • "Contribución al conocimiento morfológico y tectónico de la Ría de La Coruña". Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, t. 52, 1954, pp. 21–51.
  • "Estado actual del conocimiento de las rías gallegas", en Homaxe a Ramón Otero Pedrayo no LXX aniversario do seu nacimento. Galaxia, 1958, pp. 237–250.[7]
  • "Hacia una explotación racional de nuestra rigueza minera. El cálculo de las reservas minerales", Revista de Economía de Galicia, ano II, n.º 7-8, xaneiro-abril 1959, pp. 18–20.
  • Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia / discurso lido por Uxío Torre Enciso e resposta do Dr. Isidro Parga Pondal. Real Academia Galega, 1970, reeditado en 2017[8]
  1. "Uxío Torres Enciso". Real Academia Galega. 
  2. 2,0 2,1 Gurriarán, Ricardo (2005). "Torre Enciso, Eugenio". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8. 
  3. Torre Enciso, U. (1970). Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia. Real Academia Galega. 
  4. 4,0 4,1 "Torre Enciso, Uxío". Diccionario enciclopédico galego universal 57. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 113. ISBN 84-7680-429-6. 
  5. 5,0 5,1 "Torre Enciso, Uxío". Enciclopedia Galega Universal 16. Ir Indo. 1999-2002. p. 115. ISBN 84-7680-288-9. 
  6. 6,0 6,1 "Torre Enciso, Uxío". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 269. 
  7. VV.AA. (1958). Homaxe a Ramón Otero Pedrayo no LXX aniversario do seu nacemento. Galaxia. 
  8. Torre Enciso, U. (1997). Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia. Real Academia Galega. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]