Eustacio Macrembolita
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XII |
Morte | século XII |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Período de actividade | (Con vida en: século XII ) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Familia | Makrembolites (en) |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopaedia Hebraica (en) , (vol:2) Encyclopædia Britannica |
Eustacio (Eusthatius, Εὐστάθιος) foi un escritor ou novelista erótico bizantino que tamén aparece citado como Eumacio (Eumathius).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Non se sabe se naceu en Μακρεμβολίτης (que xeralmente se refire a Constantinopla) ou en Παρεμβολίτης, (a cidade exipcia de Parémbolis), pero a primeira é a máis probábel. Parece que era un home de alto rango e exercía algún oficio destacado na administración (πρωτονωβελέσιμος e μέγας χαρτοφύλαξ, ou xefe dos arquivos). A súa época é descoñecida pero parece que non viviu antes do século XII. A novela que escribiu titúlase Τὸ καθ'Ὑσμίνην καὶ Ὑσμινίαν δρᾶμα, e está formada por once libros e é unha historia de amor entre Ismine e Isminia, personaxes predispostos á sensualidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Edición de Gilbert Gaulmin, París (1617).
- Edición de Isidor Hilberg, Viena (1876);.
- Edición de Miroslav Marcovich, Munic/Leipzig (2001).