Fantasmas de luz
Fantasmas de luz | |
---|---|
Autor/a | Agustín Fernández Paz |
Ilustrador/a | Miguelanxo Prado |
Orixe | Galicia |
Lingua | Lingua galega |
Tema(s) | Exclusión social; cine |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Edicións Xerais de Galicia |
Data de pub. | novembro de 2011 |
Formato | Papel |
Páxinas | 192 |
ISBN | ISBN 978-84-9914-168-8 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Fantasmas de luz é unha novela de Agustín Fernández Paz, publicada en 2011 por Edicións Xerais de Galicia.
Trama
[editar | editar a fonte]A novela conta a historia de Damián e Marga, un matrimonio que ve as súas vidas golpeadas polo desemprego. A Damián, que lavaba máis de 30 anos no oficio, bótano do traballo xa que o edificio no que desempeñaba o seu labor como operador de cabina vai ser derrubado. Por mor da súa idade cústalle volver ó mercado laboral. A partir dese momento as súas vidas experimentan un cambio incrible. De maneira progresiva, os seus corpos vanse tornando invisibles para o resto da xente.
Narración
[editar | editar a fonte]A obra conta con 14 capítulos e un apartado de Tomas extra constituído por 6. Ademais, posúe un anexo que recolle todas as referencias que saen ao longo da novela sobre o cine. Está escrito en terceira persoa e ten un narrador omnisciente. A súa estrutura interna é:
- Introdución, que vai dende o capítulo 1 ata o 4, onde se presentan ós personaxes e a súa situación.
- Nó, que abarca os capítulos 5 ata 10, relatando o problema que golpea as vidas dos protagonistas.
- Desenlace, dende o capítulo 11 ata o 14, amosando como logran vencer as adversidades.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Damián: nado en 1954, é un home de 53 anos, casado e cun fillo que vive no estranxeiro. É empregado nunha sala de cines dende hai máis de 30 anos. Resulta algo escéptico ás veces.
Marga: casada con Damián, é unha muller optimista e positiva. Intenta verlle o lado bo ás cousas que suceden. Finalmente decide abrir unha floraría con Aida.
Ismael: fillo de Marga e Damián.
Don Carlos: xefe de Damián.
Aida: amiga e compañeira de traballo de Marga.
Espazo e tempo
[editar | editar a fonte]Os acontecementos relatados na historia desenvólvese entre o 2008 e o 2009. Os lugares recorrentes na historia son a casa dos protagonistas, o cine onde traballaba Damián e as rúas da cidade.
As películas da novela
[editar | editar a fonte]- O crepúsculo dos deuses
- Amarcord
- Despois da media noite
- Eu son lenda
- O exorcista (filme)
- Alien, o oitavo pasaxeiro
- O espírito da colmea
- Centauros do deserto
- Os catrocentos golpes
- París, Texas
- Días de radio
- O home que puido reinar
- Blade Runner
- Cinema Paradiso
- O sexto sentido
- Casino
- O padriño
- Caio longo
- Os luns ó sol
- Morte dun viaxante
- Full Monty
- Chovendo pedras
- As uvas da ira
- Tempos modernos
- O señor dos aneis
- Coa morte nos talóns
- O club dos poetas mortos
- Os outros
- American History X
- Cidadán Kane
- Matar un reiseñor
- Big Fish
- Amélie
- O gatopardo
- Morte en Venecia
- Drácula, príncipe das tebras
- As pontes de Madison
- Thelma e Louise
- O ceo sobre Berlín
- City of Angels (filme)
- O home invisible
- O doutor Frankenstein
- A noiva de Frankenstein
- O nome da rosa
- Terminator
- O home sen sombra
- Atrapa un ladrón
- Só ante o perigo
- A caixa de música
- Lonxe do ceo
- A gran proba
- Desexando amar
- 2046
- Psicose (filme de 1960)
- West Side Story
- Espartaco
- O festín de Babette
- O apartamento
- Grupo salvaxe
- Jules e Jim
- Vania na rúa 42
- Sombras e néboa
Traducións
[editar | editar a fonte]- Foi traducida ao castelán por María Isabel Soto López co título de Fantasmas de luz e publicada en 2011 por Editorial Anaya.[1]
- E ao catalán por Josep Franco Martínez co título de Fantasmes de llum e publicada en 2012 por Ed. Bromera.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fantasmas de luz". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Fantasmes de llum". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández Paz, A. (2011). Fantasmas de luz, ilus. Miguelanxo Prado. Vigo: Xerais.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fantasmas de luz Arquivado 30 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine., na páxina web de Edicións Xerais.