Ferroi, Guntín
Santiago de Ferroi | |
---|---|
Igrexa parroquial de Santiago de Ferroi | |
Concello | Guntín[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°53′27″N 7°32′23″O / 42.8908258, -7.5397979 |
Poboación | 163 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Ferroi é unha parroquia do concello de Guntín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 201 habitantes, deles 98 eran homes e 103 eran mulleres, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Historia
[editar | editar a fonte]As noticias documentais están relacionadas coa pertenza a esta parroquia dunha parte dos termos de Alvarín, Tosende e Lázare. No ano 1178, o rei cédelle á condesa Tareixa cinco igrexas no territorio de Pallares, entre elas a de Santiago de Ferroi. O papa Lucio III, por pedimento do bispo Rodrigo II, por bula do 2 de agosto de 1185, confírmalle á igrexa de Lugo a posesión das súas terras, entre elas esta freguesía.
O templo parroquial é relativamente recente, pero conserva elementos da antiga fábrica románica.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista da parroquia
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Ferroi
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Ferroi no concello de Guntín (Lugo) | |
---|---|
A Barranca | Casmiñavida | Ferroi | Lázare | Longalai | Outeiro | Terlama | Tosende | Vilaboa |
Parroquias de Guntín
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- As parroquias de Guntín na web do concelloArquivado 28 de xullo de 2017 en Wayback Machine.