Saltar ao contido

Fiat CR.42

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fiat CR.42 Falco
CR.42 sueco
Tipocaza
FabricanteFiat
Deseñado porCelestino Rosatelli
Primeiro voo1936
Principais usuariosRegia Aeronautica
Unidades construídas1.780

O Fiat CR.42 Falco foi un caza biplano italiano usado durante a segunda guerra mundial. Voou por primeira vez en 1936 a partir do Fiat CR.32, con mellor estrutura e un motor radial. Foi o derradeiro caza biplano italiano, e, aínda que era excelente, era superado polos monoplanos británicos. Construíronse 1.780 exemplares.