Fillos dun deus menor
Fillos dun deus menor | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Children of a Lesser God |
Director | Randa Haines |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Children of a Lesser God de Mark Medoff |
Intérpretes | |
Música | Michael Convertino |
Fotografía | John Seale |
Montaxe | Lisa Fruchtman |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 3 de outubro de 1986 |
Duración | 119 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Romance e drama |
Orzamento | $2 000 000[1] |
Recadación | $31 900 000 (América do Norte) |
Na rede | |
Fillos dun deus menor (en inglés: Children of a Lesser God) é un filme estadounidense de 1986 dirixido por Randa Haines e escrito por Hesper Anderson e Mark Medoff. É unha adaptación da obra homónima de Medoff, e está protagonizado por Marlee Matlin (que gañou o Óscar pola súa interpretación) e William Hurt que interpretan dous traballadores dun colexio para xordos.
Foi o primeiro filme da actriz xorda Matlin, e Fillos dun deus menor salienta por ser o primeiro filme dende 1926, co filme mudo You'd Be Surprised, en ser protagonizado por actor xordo.[2] Recibiu cinco nomeamentos na 59ª edición dos Óscar, incluíndo a categoría de mellor actriz que gañou Matlin. Con só 21 anos naquela época, Matlin foi a actriz máis nova en recibir o premio nesa categoría en particular, e segue a ser a única persoa xorda en gañar en calquera categoría.[3] Fillos dun deus menor tamén foi o primeiro filme dirixido por unha muller en ser nomeado na categoría de mellor filme.[4]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Sarah Norman é unha moza que traballa como celadora nunha escola para persoas con deficiencia auditiva en Nova Inglaterra. Un profesor novo e enérxico, James Leeds, chega á escola e incentívaa a que deixe de lado a súa vida illada, aprendendo a falar en voz alta. Como ela xa emprega a lingua de signos, Sarah resístese ás tentativas de James para facela falar, mais ela é reticente a causa dunha historia de violación. Entre James e Sarah desenvólvese unha historia romántica e van vivir xuntos, a pesar de que as súas diferenzas e teimosía mutua os levan case ata a ruptura, pois el continúa a querer que ela fale, aínda que a súa soa presenza atafegue a Sarah.
Sarah deixa a James e vai vivir coa súa nai nunha cidade próxima, reconciliándose no proceso. Mentres, ela e James encontran un xeito de resolveren as súas diferenzas.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Marlee Matlin como Sarah Norman
- William Hurt como James Leeds
- Piper Laurie como Mrs. Norman
- Philip Bosco como Dr. Curtis Franklin
- Allison Gompf como Lydia
- Bob Hiltermann como Orin
- Linda Bove como Marian Loesser
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Box Office Information for Children of a Lesser God. Arquivado 01 de xullo de 2013 en Wayback Machine. The Wrap. Consultado o 4 de xaneiro de 2013
- ↑ Schuchman, John S. (1999). University of Illinois Press, ed. Hollywood Speaks: Deafness and the Film Entertainment Industry. Urbana, IL. p. 82. ISBN 978-0-252-06850-8.
- ↑ Academy of Motion Picture Arts and Sciences (ed.). "Help Page – Academy Awards Database – AMPAS". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de maio de 2011.
- ↑ Michaelson, Judith (21 de xullo de 1991). "What Took So Long?". Los Angeles Times. Consultado o 27 de marzo de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fillos dun deus menor na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)