Florence Bascom
Florence Bascom (14 de xullo de 1862 – 18 de xuño de 1945) foi unha xeóloga estadounidense, a segunda muller en obter o doutoramento (Ph.D) en xeoloxía nos Estados Unidos e a primeira contratada polo United States Geological Survey.[1] Foi coñecida por facer descubrimentos innovadores no seu campo. Precedeu á seguinte xeración de notables mulleres xeólogas.
Infancia e educación
[editar | editar a fonte]Naceu en Williamstown, Massachusetts o 14 d xullo de 1862. O seu pai era John Bascom, profesor do Williams College e posterior presidente da Universidade de Wisconsin-Madison.[2] A súa nai, Emma Curtiss Bascom, foi unha activista dos dereitos da muller implicada no movemento sufraxista.[3] Os seus pais eran firmes defensores dos dereitos da muller e animaban as mulleres a cursar unha educación superior.
Florence Bascom graduouse en humanidades (B.A.) e en letras (B.Litt.) en 1882, e despois en ciencias en 1884 na Universidade de Wisconsin, e permaneceu alí para obter o seu máster de ciencias (M.S.) en 1887.[4] Durante ese tempo as mulleres tiñan un acceso limitado a recursos educativos como a biblioteca e o ximnasio, e mesmo ás aulas se había nelas homes. Os seus profesores na Universidade de Wisconsin, Charles Van Hise e Roland Irving, formaban parte da USGS.[5] Bascom recibiu o título de doutoramento (Ph.D.) na Universidade Johns Hopkins. Cando estaba estudando na Johns Hopkins obrigábana a sentar detrás dunha pantalla para non perturbar aos homes.[2]
Aínda que foi a segunda muller que obtivo un doutoramento (Ph.D) en xeoloxía, foi a primeira muller xeóloga que presentou un artigo científico ante o Geological Survey of Washington, en 1901. Tamén foi a primeira muller elixida para o Consello do Geological Survey of America (en 1924; non se volveu a elixir outra muller ata 1945). Empezou a súa carreira de ensinanza en 1884 no instituto da Escola Hampton de Negros e Indios Americanos (actualmente coñecida como Universidade Hampton), e traballou alí durante un ano antes de volver á Universidade de Wisconsin para obter o seu máster. Ensinou matemáticas e ciencias no Rockford College desde 1887 a 1889 e despois na Universidade do Estado de Ohio desde 1893 a 1895.[4]
Deixou a Universidade do Estado de Ohio para traballar no Bryn Mawr College, onde puido realizar investigacións orixinais e impartir cursos de xeoloxía de nivel máis alto. Alí fundou o Departamento de Xeoloxía[4] e puxo en marcha un programa de graduación no que se adestraron moitas das primeiras mulleres xeólogas do século XX.[3]
Bascom retirouse da ensinanza en 1928 pero continuou traballando para o U.S. Geological Survey ata 1936.[2]
Traballo
[editar | editar a fonte]Bascom obtivo o posto de xeóloga asistente no U.S. Geological Survey en 1896 e foi a primeira muller nomeada para ese posto. Desde 1896 a 1908, foi editora asociada da revista American Geologist.[6]
Foi ascendida ao posto de xeóloga en 1909 pola USGS e asignada á rexión do Pedemonte Medioatlántico dos Estados Unidos. Unha gran parte do seu traballo estivo centrado nas rochas cristalinas e a xeomorfoloxía desta rexión.[7] Este traballo aínda ten influencia no século XXI.[4] Creou os moi coñecidos folios do U.S. Geological Survey sobre Filadelfia (1909), Trenton (1909), Elkton-Wilmington (1920), Quakertown-Doylestown (1931) e Honeybrook-Phoenixville (1938).[6]
Recibiu 4 estrelas na primeira edición do American Men and Women of Science (que, en realidade, daquela chamábase American Men of Science), un alto honor para un científico de calquera sexo.[4]
Tamén se considera que contribuíu de forma importante á comprensión de como se formaron os montes Apalaches grazas aos seus estudos de investigación de petroloxía.
A Dra. Bascom foi profesora de xeoloxía no Bryn Mawr College durante 33 anos, onde desenvolveu o simple curso de xeoloxía que había nun curso de carreira completo, e posteriormente nun programa de graduado. Influíu e ensinou á maioría das mulleres xeólogas de finais do século XIX e inicios do XX, e deixou a súa pegada na investigación xeolóxica futura nos Estados Unidos.[8] Os seus estudantes describíana como incisiva, rigorosa e coherente.
En 1928 Bascom retirouse da súa longa e influente carreira docente. Aínda estando retirada, continuou traballando para o USGS ata 1936.[5]
A tese de doutoramento de Bascom tratou sobre a reidentificación de certas rochas que se pensaba que eran sedimentarias pero que en realidade demostrou que eran metamórficas formadas por metamorfismo de lavas, para o que usou avanzadas técnicas petrográficas e foi moi influente no campo da xeoloxía.[4]
Tivo varias estudantes que acabaron sendo membros do USGS: Eleanora Bliss Knopf, Anna Jonas Stose, Louise Kingsley, Katharine Fowler-Billings, Mary Porter, Julie Gardner,[2] e Ida Helen Ogilvie.[9]
En 1894, Bascom foi a segunda muller elixida pola Geological Society of America.[3][9] Chegou a ser conselleira en 1924 e vicepresidenta da sociedade en 1930. Foi membro do United States National Research Council e da American Geophysical Union.[7] A Geological Society of Washington permitiulle presentar un artigo científico; e foi a primeira muller ao que se lle concedeu ese honor.[4]
Florence Bascom morreu dunha apoplexía (hemorraxia cerebral) o 18 de xuño de 1945.[4] Está enterrada nun cemiterio do college de Williamstown preto doutros membros da súa familia.[10]
Nomeados en honor de Florence Bascom
[editar | editar a fonte]- Cráter Bascom no planeta Venus
- 6084 Bascom, un asteroide descuberto en 1985
Publicacións
[editar | editar a fonte]Florence Bascom publicouuns 40 artigos obre petrografía xenética, xeomorfoloxía e gravas.[6] O seu propio relato de como foi a súa mocidade en Madison pode encontrarse na Wisconsin Magazine of History, marzo de 1925.[11]
- "The Geology of the Crystalline Rocks of Cecil County" Maryland Geological Survey (1902)
- "The ancient volcanic rocks of South Mountain, Pennsylvania" Pennsylvania US Geological Survey Bulletin No. 136 (1896)
- "Water resources of the Philadelphia district" US Geological Survey Water-Supply Paper No. 106 (1904)
- "Geology and mineral resources of the Quakertown-Doylestown district, Pennsylvania and New Jersey" Edgar Theodore Wherry e George Willis Stose. US Geological Survey Bulletin No. 828 (1931)
- "Elkton-Wilmington folio, Maryland-Delaware-New Jersey-Pennsylvania" with B.L. Miller. Geologic atlas of the United States; Folio No. 211 (1920)
- American Mineralogist, Volume 31, 1946
- Bryn Mawr Alumnae Bulletin, novembro, 1945; primavera, 1965
- Science, setembro, 1945
- University of Wisconsin Department of Geology and Geophysics Alumni Newsletter, 1991
- Arnold, Lois Barber, Four Lives in Sciences, Schocken Books, 1984
- Smith, Isabel F., The Stone Lady: A Memoir of Florence Bascom, Bryn Mawr College, 1981[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Schneidermann, Jill (xullo de 1997). "A Life of Firsts: Florence Bascom" (PDF). GSA Today. Geological Society of America. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de agosto de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Gohn, Kathleen K. (2004). "Celebrating 125 Years of the U.S. Geological Survey" (PDF). U.S. Geological Survey Circular 1274. p. 4. Consultado o 16 de outubro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Clary, Renee (2007). "Great expectations: Florence Bascom (1842–1945) and the education of early US women geologists.". The Role of Women in the History of Geology: The Geological Society of London. Special Publication 281: 123–135.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Gates, Alexander E. (2009). A to Z of Earth Scientists. Facts on File. ISBN 9781438109190.
- ↑ 5,0 5,1 "Florence Bascom, Pioneer Geologist | Science Features". www2.usgs.gov. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2016. Consultado o 2016-11-01.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Encyclopædia Britannica Online Academic Edition. "Florence Bascom". Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica Inc., 2012.
- ↑ 7,0 7,1 Rosenberg, Carroll S. (1971). "BASCOM, Florence (July 14, 1862-June 18, 1945)". Notable American Women: 1607-1950. Cambridge: Harvard University Press. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 16 de outubro de 2012.
- ↑ "Biographies of Women in Science". www.eiu.edu. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2017.
- ↑ 9,0 9,1 Eckel, Edwin B. (1982). The Geological Society of America, life history of a learned society. Boulder, Colo.: Geological Society of America. p. 37. ISBN 978-0813711553.
- ↑ "Florence Bascom facts". biography.yourdictionary.com/Florencebascom.
- ↑ Bascom, Florence (1924–1925). "The University in 1874-1887". The Wisconsin Magazine of History. Wisconsin Historical Society. pp. 300–308. Consultado o 16 de outubro de 2012.
- ↑ "Florence Bascom Facts". biography.yourdictionary.com. Consultado o 2016-10-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Florence Bascom la geóloga que nos abrió el camino en Mujeres y Geología
- Florence Bascom la geóloga pionera no Blog Mujeres con ciencia
- https://web.archive.org/web/20070218210740/http://library.thinkquest.org/20117/bascom.html
- Artigo da sociedade da historia xeolóxica no que se menciona a controversia de Wissahickon
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Florence Bascom |