Fon Cortizo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 (46/47 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista |
Fon Cortizo, nado en Vigo en 1978, é un cineasta e guionista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No 2001 graduouse en Comunicación Audiovisual e dende entón comezou a traballar en televisión como operador de cámara. A partir do 2007 comezou a participar no desenvolvemento de proxectos para televisión e cinema como director de fotografía, realizador e director.
Entre as súas obras destacan os traballos no eido do documental Contrafaces (2015) [1], estreada no festival Visions du Reel (2015, Suíza) e Aysha (2016) estreada no Festival Play-Doc (2017, Tui) e merecedora dos premios á Mellor Curtametraxe Galega e Mellor Guión no Festival Curtocircuíto (2018, Santiago de Compostela) e o Premio ao Mellor Documental no Festival DUAF (2018, Nova York).
En 2020 estreou o filme 9 Fugas no Festival Internacional de Cine de Xixón[2] e acadou o Premio á Mellor Longametraxe da sección internacional Reyumes (ex aequo). 9 Fugas é unha longametraxe de ficción construída sobre unha banda sonora creada por unha orquestra de improvisación. O filme está protagonizado polas actrices María Roja e Olga Cameselle.
Desde 2020 é presidente de CREA (Asociación Galega de Profesionais da Realización e a Dirección).
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Contrafaces (2016)
- Aysha (2017)
- Americano (2017)
- 9 fugas (2020)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en Cine galego.
- Ficha en crea.gal.
- 9 Fugas: la película experimental, orquestal y feminista que sorprende en el DA. Entrevista a Fon Cortizo en La Vanguardia
- Fon Cortizo: "O que pasa coa memoria colectiva neste país e que é alzhéimer avanzado Entrevista en Faro de Vigo.
- 9 Fugas. El cine gallego acude por segundo año al festival de Shanghái. Artículo en El Diario
- 9 Fugas. Crítica en Cineuropa