Saltar ao contido

Fossilworks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fossilworks é un portal de Internet que subministra ferramentas de análises, consultas e descargas para facilitar o acceso á base de datos Paleobiology Database, unha gran base de datos á que achegan informacións centos de paleontólogos de todo o mundo.

Fossilworks foi creada en 2013 por John Alroy e está situada na Universidade Macquarie, sita en Sydney, Nova Gales do Sur, Australia. Inclúe numerosos datos e ferramentas de análise anteriormente incluídos na Paleobiology Database.[1]

  1. "Frequently asked questions". Fossilworks. Arquivado dende o orixinal o 12-11-2013. Consultado o 9-02-2016. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]