Saltar ao contido

Francisco Grande Covián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Grande Covián

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1909 Editar o valor en Wikidata
Colunga, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xuño de 1995 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Valencia
Estados Unidos de América
Madrid
Zaragoza Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, profesor universitario, científico, nutricionista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Minnesota (pt) Traducir
Universidade de Zaragoza Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresJuan Negrín Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoJosé María Ordovás (en) Traducir e Miguel Calvo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteMedvik >>>:Grande Covián, Francisco, 1909-1995, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX952585 Dialnet: 20728 Find a Grave: 10178997 Editar o valor en Wikidata

Francisco Grande Covián, nado en Colunga (Asturias) en 1909 e finado en Madrid o 28 de xuño de 1995 foi un médico e investigador español. O seu traballo principal foi na área da nutrición e a bioquímica, e foi o primeiro presidente da Sociedade Española de Nutrición.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Casa de Francisco Grande Covián en Medinaceli (Soria).

Era fillo do doutor Emilio Grande Bueno, que exercía de médico en Colunga e de Esperanza Covián. Aos nove anos de idade trasladouse a Oviedo por mor do traballo do seu pai. Nesa cidade cursou bacharelato, para logo marchar a Madrid para estudar medicina. Nese tempo instalouse na Residencia de Estudiantes, coincidindo coa época dourada da institución.[1] Graduouse en 1931 co premio extraordinario de licenciatura e ao ano seguinte obtivo o doutoramento coas máximas cualificacións tras realizar algún cursos en Alemaña.

Traballou co tamén asturiano Severo Ochoa no laboratorio de fisioloxía do doutor Juan Negrín. Durante este tempo realizou varias viaxes por Europa cos que logrou ampliar a súa formación académica ao relacionarse con importantes personaxes da ciencia e da investigación.

Cando comezou a Guerra Civil dedicouse á docencia en Valencia, creando o Instituto de Alimentación da cidade,[1] do que foi subdirector. Coa aparición da fame e outros trastornos nutricionais na guerra e a posguerra, Grande Covián e Francisco Jiménez García estudaron casos de pelagra, a pesar de que a poboación non consumía millo. O estudo que realizaron abrangueu 3116 casos de enfermidades carenciais, das que 2279 foron atribuídas a deficiencias do complexo B.[2] Debido á súa relación con Negrín, debeu refuxiarse en Oviedo ata o fin da contenda. En 1939 trasladouse de novo a Madrid e comezou a desenvolver a súa actividade dentro do Instituto Ibys traballando na preparación de vitaminas.

A partir de 1940 comezou a investigar dentro do centro do Instituto de Investigacións Jiménez Díaz de Madrid. Durante estes anos dedicouse ao estudo da bioquímica do sistema nervioso, facendo numerosas viaxes a Inglaterra. Na década de 1950 comezou a traballar nos Estados Unidos, iniciando unha prolífica carreira que se desenvolveu entre 1953 e 1975 na Universidade de Minnesota. Durante esta época realizou traballos de gran calidade sobre a nutrición para o exército estadounidense e fixo tamén estudos sobre os efectos dos compoñentes da dieta sobre os lípidos do plasma, sobre os factores hormonais que regulan o metabolismo das graxas, a relación entre o tecido adiposo e a termorregulación, calorimetría, efectos fisiolóxicos da fame ou a obesidade nas persoas.[2]

Regresou a España acabada a ditadura e instalouse de novo en Zaragoza, onde antes da súa etapa nos Estados Unidos obtivera mediante oposición unha cátedra de fisioloxía na universidade. No seu regreso ocupou a cátedra de Bioquímica e Bioloxía molecular da Facultade de Ciencias e en 1986 foi nomeado profesor emérito da mesma.

  1. 1,0 1,1 Gobierno de Aragón. "Francisco Grande Covián" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2009. Consultado o 21 de xaneiro de 2010. 
  2. 2,0 2,1 Bengoa Lecanda, José María. Historia de la nutrición en salud pública (en castelán). An Venez Nutr. [online]. xuño 2003, vol.16, no.2 [citado 21 de xaneiro de 2010], p.85-96. ISSN 0798-0752.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Alimentación y nutrición Barcelona : Salvat,1981. - 64 páxinas. ISBN 84-345-7951-0
  • Adaptaciones metabólicas en el ayuno Santander : Universidad Internacional Menéndez Pelayo, 1976. - 56 páxinas. ISBN 84-600-0522-4
  • La alimentación en Madrid durante la guerra: estudio de la dieta suministrada a la población civil madrileña durante diecinueve meses de guerra: agosto 1937 a febrero 1939 Madrid: Gráfica Universal, 1939. 58 p. ; 24 cm. Separata de: Revista de Sanidad e Higiene Pública, decembro 1939
  • La Ciencia de la Alimentación Madrid : Pegaso,1947 388 páxinas. BNE 19982073293
  • Gómez Santos, Marino. 5 grandes de la ciencia española: Severo Ochoa, Carlos Jiménez Díaz, Fernando de Castro, Francisco Grande Covián, Francisco Orts Llorca; prólogo de Pedro Laín Entralgo. Madrid. Biblioteca Nueva, 1968.
  • Gómez-Santos, Marino. Francisco Grande Covián. Colección biografías de Asturias. Caja de Ahorros de Asturias 1991.
  • Gómez-santos, Marino. "Francisco Grande Covián. El arte y la ciencia de la nutrición". Madrid, Temas de Hoy, 1992.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Conferencias de Francisco Grande Covián en formato mp3 realizadas na Fundación "Juan March":