Fritz Walter
Aparencia
Fritz Walter, nado en Kaiserslautern o 31 de outubro de 1920 e finado en Enkenbach-Alsenborn o 17 de xuño de 2002, foi un futbolista alemán.
Dende moi cedo, á idade de oito, anos xa formou parte do 1. FC Kaiserslautern, debutando no primeiro equipo ós dezasete.
O seu debut no equipo nacional foi en 1941 durante a segunda guerra mundial. Walter estivo no exército dende 1942 ata o remate da guerra en 1945. Despoios volveu a xogar para o 1. FC Kaiserslautern, gañando o campionato alemán en 1951 e 1953. En 1951 fixo o seu retorno á selección, e foi nomeado capitán.
O seu maior logro foi o título de campión mundial en 1954
Categorías:
- Futbolistas de Alemaña
- Nados en Renania-Palatinado
- Nados en 1920
- Finados en 2002
- Centrocampistas de fútbol
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do FC Kaiserslautern
- Xogadores da selección de fútbol de Alemaña
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1954
- Adestradores de fútbol de Alemaña
- Militares de Alemaña da segunda guerra mundial
- Prisioneiros de guerra
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1958
- Futbolistas gañadores do Mundial