Furniture
Aparencia
Furniture | |||||
---|---|---|---|---|---|
EP de Fugazi | |||||
Data de edición: | 8 de outubro de 2001 | ||||
Lanzamento: | {{{lanzamento}}} | ||||
Datas de gravación: | xaneiro - febreiro de 2001 | ||||
Estudio(s) de gravación: | Inner Ear Studios, Arlington, Virginia | ||||
Duración: | 8:51 | ||||
Xénero musical: | post-hardcore | ||||
Selo discográfico: | Dischord Records | ||||
Producido por: | Ian McKaye, Don Zientara, Fugazi | ||||
Cronoloxía | |||||
|
Furniture é o cuarto EP da banda estadounidense de post-hardcore Fugazi, publicado o 8 de outubro de 2001 a través do selo Dischord Records. Foi gravado en xaneiro e febreiro de 2001, ao mesmo tempo da gravación do derradeiro álbum do grupo, The Argument.[1]
As cancións "Furniture" e "Hello Morning" datan de finais dos anos 80, sendo "Furniture" interpretada no primeiro concerto do grupo en 1987. Partes de "Number 5" teñen a súa orixe en "Turkish Disco", unha canción gravada como unha demo en 1997 e publicada en Instrument Soundtrack en 1999.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Voces principais | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Furniture" | MacKaye | 3:35 |
2. | "Number 5" | 3:09 | |
3. | "Hello Morning" | Picciotto | 2:06 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Washington, Dischord Records 3819 Beecher St NW; U.s.a. 703.351.7507, Dc 20007-1802. "Fugazi - Furniture + 2 (129)". Dischord Records. Consultado o 2019-11-15.