Géyser
Aparencia
Un géyser,[1], ou geyser,[2] pronunciado [ˈɡajzə][3] ou [ˈɡajse̝ɾ][3], é unha nacente termal que entra en erupción periodicamente, lanzando unha columna de auga quente e vapor para o ar. O nome géyser provén de Geysir, o nome dunha nacente eruptiva en Haukadalur, na Islandia; este nome deriva pola súa vez do verbo gjósa, "chorrear".[Cómpre referencia]
A formación de géyseres require unha hidroxeoloxía favorábel, o que existe só en poucos lugares na Terra; logo, son fenómenos razoabelmente raros. Existen cerca de mil en todo o mundo, e a metade destes no Parque Nacional de Yellowstone nos Estados Unidos. Tamén son coñecidos os géyseres de Nova Zelandia e o Strokkur Geysir de Islandia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para géyser.
- ↑ Gran Dicionario Xerais da Lingua, VV.AA. 2009. Edicións Xerais, Vigo
- ↑ 3,0 3,1 "Dicionario de pronuncia da lingua galega". ilg.usc.es. Consultado o 2018-03-29.
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |