Gran Enciclopèdia Catalana
Aparencia
(Redirección desde «GEC»)
Gran Enciclopèdia Catalana | |
---|---|
Imaxe dos 25 volumes da Gran Enciclopèdia Catalana. | |
Título orixinal | Gran Enciclopèdia Catalana |
Autor/a | Varios |
Orixe | Cataluña |
Lingua | Lingua catalá |
Xénero(s) | Consulta (enciclopedia) |
Editorial | Grup Enciclopèdia Catalana |
Data de pub. | 1967-2009. |
Premios |
|
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Gran Enciclopèdia Catalana (GEC) é unha enciclopedia xeral escrita en lingua catalá. Recolle alfabeticamente toda clase de entradas históricas, xeográficas, culturais etc. de todo o mundo, vistas, cando se presta, cunha óptica catalá, e moi especialmente novas semellantes do ámbito catalán. Tamén contén un amplo dicionario de léxico común que foi revisado na primeira edición da obra por Ramon Aramon i Serra. Posteriormente, saíron diversas edicións e volumes de apéndice e tamén posúe unha versión dixital. No ano 1991 foi galardoada co Premio Creu de Sant Jordi.
Edicións e reimpresións
[editar | editar a fonte]- Primeira edición: xullo de 1969.
- Segunda edición: xuño de 1986.
- Primeira reimpresión: abril de 1988.
- Segunda reimpresión: marzo de 1989.
- Terceira reimpresión: xuño de 1990.
- Cuarta reimpresión (actualizada): febreiro de 1992.
- Quinta reimpresión: setembro de 1992.
- Sexta reimpresión (actualizada): outubro de 1993.
- Sétima reimpresión (actualizada): xullo de 1994.
- Oitava reimpresión (actualizada): xaneiro de 1995.
- Novena reimpresión (actualizada): xaneiro de 1996.
- Décima reimpresión (actualizada): maio de 1998.
- Décimo primeira reimpresión (actualizada): outubro de 2000.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gran Enciclopèdia Catalana. 84-85194-81-0. Edición de outubro de 2000
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en catalán)