Gabriel Bordoy
Aparencia
Gabriel Bordoy | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Gabriel Bordoy Llompart | ||
Nacemento | 20 de xaneiro de 1947 | ||
Lugar de nacemento | Palma | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1965–1969 | Atlético Baleares | ||
1969–1974 | Deportivo da Coruña | 83 | (1) |
1974–1975 | → Atlético Baleares (cedido) | ||
1975–1978 | Atlético Baleares | 11 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Gabriel Bordoy Llompart, nado en Palma o 20 de xaneiro de 1947, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras xogar varias tempadas no Atlético Baleares, chegou en xullo de 1969 ao Deportivo da Coruña, da Primeira División, acompañado doutros tres futbolistas do club balear: Juan Tauler, Miguel Parma e Tomás Barrios.[1] Os seus tres compañeiros foron para o Fabril mentres que Bordoy quedou no primeiro equipo.
Xogou cinco tempadas no Deportivo, vivindo tres descensos e un ascenso. Despois da tempada 1973/74, na que o equipo acabou baixando ata a Terceira División, Bordoy foi cedido ao Atlético Baleares e ano seguinte traspasado.[2][3] Xogou no equipo balear ata 1978.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cuatro jugadores del At. Baleares, fichados por el Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xullo de 1969. p. 6.
- ↑ "Bordoy jugará con el At. Baleares cedido por el Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de agosto de 1974. p. 37.
- ↑ "Bordoy, traspasado al At. Baleares". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de agosto de 1975. p. 34.