Gastón Pereiro
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1995 (29 anos) Montevideo, Uruguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 188 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 80 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1 de febreiro de 2014 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Uruguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 7 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Gastón Rodrigo Pereiro López, nado en Montevideo o 11 de xuño de 1995, é un futbolista uruguaio, de orixe galega. Xoga como centrocampista no Genoa da Serie A italiana.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na capital uruguaia nunha familia con raíces galegas, pois seu avó paterno é da parroquia cercedense de Rodís.[2] Formouse na canteira de Nacional e debutou oficialmente co primeiro equipo o 28 de xaneiro de 2014 na cidade boliviana de Santa Cruz de la Sierra, na derrota por 1-0 contra o Oriente Petrolero, na Copa Libertadores. O adestrador Gerardo Pelusso deulle entrada no minuto 63 para substituír a Carlos de Pena.[3] Catro días despois, marcou o seu primeiro gol, na vitoria por 2-0 sobre Racing no Estadio Centenario.
O 2 de xullo de 2015 fíxose oficial a súa chegada ao PSV Eindhoven por 7 millóns de euros. O club neerlandés comprou o 80% do seu pase e foi presentado oficialmente o 15 de xullo. O seu debut oficial tivo lugar na Supercopa dos Países Baixos contra o FC Groningen, un partido no que o PSV gañou o trofeo tras unha vitoria por 3-0. Na Eredivisie debutou contra o ADO Den Haag, entrando aos 80 minutos de xogo. Xogou por primeira vez como titular ante o Ajax, partido no que o PSV venceu por 2-1 con dous goles de Pereiro. Marcou o seu primeiro triplete na Copa dos Países Baixos, no que o seu equipo derrotou por 6-0 ao SC Genemuiden.
Nas súas catro tempadas e media no equipo neerlandés, conquistou dúas ligas e dúas Supercopas, e disputou tres edicións da Liga de Campións, na que debutou o 30 de setembro de 2015, nun encontro fronte ao CSKA de Moscova no Arena Khimki.
En xaneiro de 2020 o PSV tiña case pechado o seu traspaso ao Cincinnati da MLS, pero ante a intención do xogador de continuar en Europa,[4] o seu representante, o célebre Paco Casal, conseguiu un acordo co Cagliari, club que pagou uns 12 millóns e euros polo traspaso e co que asinou un contrato ata xuño de 2024.[5]
No club italiano compartiu equipo cos tamén uruguaios Nahitan Nández e Christian Oliva. Debutou na Serie A nun partido contra o Genoa e o 1 de marzo de 2020 marcou o seu primeiro gol no club italiano, nunha derrota por 3-4 contra a Roma. Durante os seguintes tres anos disputou 69 partidos co club sardo, anotando 12 goles.
En xaneiro de 2023 anunciouse a súa cesión ao Nacional, regresando así ao club no que se formara, despois e oito anos no estranxeiro.[6] Co equipo da súa cidade disputou 24 encontros, nos que marcou tres goles, antes de regresar a Italia. Entre decembro de 2023 e xaneiro de 2024 participou co Cagliari en dous partidos da Copa Italia e a continuación volveu saír cedido, desta vez ao Ternana, da Serie B, co que disputou 20 encontros ata o final da campaña, marcando 6 goles.
En agosto de 2024 desvencellouse do Cagliari e despois de tres meses sen equipo, asinou co Genoa, da Serie A, club que estaba tendo problemas coas lesións de varios xogadores.[7]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Categorías inferiores
[editar | editar a fonte]Foi preseleccionado coa selección uruguaia sub-20 o Mundial Sub-20 de 2013, cando tiña 17 anos, aínda que finalmente non entrou no cadro de xogadores final.[8] En 2014 gañou un Cuadrangular Internacional Sub-20 disputado en Asunción en preparación para o Campionato Suramericano Sub-20.
O 3 de xaneiro de 2015 foi seleccionado para defender ao Uruguai no Campionato Suramericano Sub-20,[9] no que o equipo rematou na terceira posición. Pereiro foi o segundo máximo goleador do torneo e o máximo goleador do Uruguai con cinco goles en oito partidos.[10]
O 14 de maio foi incluído na lista de 21 futbolistas uruguaios que participarían no Mundial sub-20 de Nova Zelandia.[11] Anotou o gol da vitoria no primeiro partido contra Serbia, que rematou 1-0.[12]
Selección absoluta
[editar | editar a fonte]O 23 de agosto de 2017 foi convocado pola selección uruguaia absoluta para dous encontros de clasificación de cara ao Mundial de Rusia 2018, contra as seleccións da Arxentina e Paraguai. Debutou nun amigable contra Polonia en Varsovia o 10 de novembro de 2017.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha en footballdatabase". footballdatabase.eu. Consultado o 5 de marzo de 2013.
- ↑ Vilar Landeira, Ramón. "Tacos de aluminio". La Voz de Galicia. Consultado o 23 de maio de 2021.
- ↑ "Nacional sufrió un resbalón" (en castelán). 28 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2014. Consultado o 23 de maio de 2021.
- ↑ ""Hay acuerdo entre PSV y Cincinnati, pero yo preferiría seguir en Europa"" (en castelán). 15 de xaneiro de 2020. Consultado o 21 de outubro de 2024.
- ↑ "Gastón Pereiro deja el PSV Eindhoven y ficha por el Cagliari hasta 2024". La Vanguardia (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 23 de maio de 2021.
- ↑ "Oficial: Nacional concretó el regreso de Gastón Pereiro" (en castelán). 14 de xaneiro de 2023. Consultado o 21 de outubro de 2024.
- ↑ "Official: Gaston Pereiro signs for Genoa as free agent" (en inglés). 14 de outubro de 2024. Consultado o 21 de outubro de 2024.
- ↑ "Son el orgullo Nacional" (en castelán). 3 de febreiro de 2015. Consultado o 23 de maio de 2021.
- ↑ "Plantel sub-20 confirmado". Asociación Uruguaia de Fútbol (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de maio de 2021.
- ↑ "Simeone estuvo imparable" (en castelán). 8 de febreiro de 2015. Consultado o 23 de maio de 2021.
- ↑ "Plantel para el Mundial Sub-20". Asociación Uruguaia de Fútbol (en castelán). 14 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 23 de maio de 2021.
- ↑ "Un debut enorme, como Guruceaga" (en castelán). 31 de maio de 2015. Consultado o 23 de maio de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gastón Pereiro |