Saltar ao contido

Gemma di Vergy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gemma di Vergy
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaGiovanni Emanuele Bidera
Fontes literariasBaseado na traxedia Charles VII chez ses grands vassaux de A. Dumas
Estrea26 de decembro de 1834
Teatro da estreaTeatro alla Scala
Lugar da estreaMilán
Música
CompositorGaetano Donizetti
Personaxes

Il conte di Vergy (barítono)
Gemma di Vergy (soprano)
Ida di Gréville (mezzosoprano)
Tamas (tenor)
Guido (baixo)
Rolando (baixo)
Cabaleiros, arqueiros, damas, soldados

Gemma di Vergy é unha traxedia lírica ou ópera en dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Giovanni Emanuele Bidera, baseado na traxedia Charles VII chez ses grands vassaux (Carlos VII nas casas dos seus grandes vasalos de 1831) de Alexandre Dumas, que foi posteriormente o tema da ópera Saracin do compositor ruso César Cui. Estreouse o 26 de decembro de 1834 no Teatro alla Scala de Milán baixo a batuta de Eugenio Cavallini, obtendo un bo éxito.

Esta ópera apenas se representa, aparecendo nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. cunha soa representación no período 2005-2010.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 26 de decembro de 1834
(Director: - Eugenio Cavallini)
Earl of Vergy barítono Giovanni Orazio Cartagenova
Gemma soprano Giuseppina Ronzi de Begnis
Ida di Greville mezzosoprano Felicita Baillou-Hillaret
Tamas tenor Domenico Reina
Guido baixo Ignazio Marini
Rolando baixo Domenico Spiaggi
Cabaleiros, arqueiros, soldados e damas

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.