Saltar ao contido

Glam metal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Glam metal
Orixe musicalheavy metal, hard rock, glam rock, pop rock, punk rock
Orixe culturalfinais dos 70 e principios dos 80 nos Ánxeles e Nova York
Instrumentos típicosbaixo, batería, guitarra eléctrica, teclados

O glam metal (tamén coñecido como hair metal e a miúdo usado como sinónimo de pop metal) é un subxénero do hard rock e o heavy metal. Combina elementos destes xéneros con punk rock e pop, engadindo partes pegadizas e riffs de guitarra, mentres que tomaba prestada a estética do glam rock dos anos 70.

Xurdiu a finais dos 70 e principios dos 80 nos Estados Unidos, particularmente na escena musical de Sunset Strip, na cidade dos Ánxeles, iniciada por bandas como Kix, Hanoi Rocks, Mötley Crüe e Quiet Riot. Foi popular ao longo dos anos 80 e a comezos dos 90, levando á fama a grupos como Poison, Cinderella e Bon Jovi.

O xénero rapidamente foi perdendo interese entre o gran público dende 1991 ata 1994 debido ao ascenso do grunge e a publicación de álbums como o Nevermind de Nirvana, pero ten gozado dalgún rexurdimento dende o comezo do novo milenio coas reunións de bandas populares dos 80, ademais da aparición de novos grupos como The Darkness e Steel Panther.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.