Glauberita
Glauberita | |
---|---|
Fórmula química | Na2Ca(SO4)2 |
Clase | Sulfato |
Sistema cristalino | Monoclínico |
Cor | Incolora, gris, gris esbrancuxada, amarelo, amarelo esbrancuxada |
Brillo | Vítreo |
Dureza | 2,5 - 3 (escala de Mohs) |
Fractura | Irregular, factura concoide |
Exfoliación | Perfecta |
Raia | Branca |
Densidade | 2,77 g/cm3 |
A glauberita é un mineral do grupo dos sulfatos, de fórmula química Na2Ca(SO4)2. A súa denominación débese ao seu contido de sulfato sódico (Na2SO4), antigamente coñecido como «Sal de Glauber», recibindo este nome polo alquimista alemán Johann Rudolf Glauber (1604-1668).
Propiedades
[editar | editar a fonte]A glauberita é un mineral incoloro ou de cor clara, que cristaliza no sistema monoclínico. Mostra fractura irregular ou concoide. Ten un sabor lixeiramente salino.
Formación
[editar | editar a fonte]É un compoñente común de depósitos de evaporita continentais e marítimos. Tamén se encontra como sublimados arredor de fumarolas así como en cavidades de lava basáltica recheas de mineral. Tamén pode formar parte de depósitos de nitrato en climas áridos.
En evaporitas aparece asociada con halita, polihalita, anhidrita e thenardita. Tamén se asocia con este último mineral en fumarolas e depósitos de nitratos.
Depósitos
[editar | editar a fonte]O depósito tipo deste mineral encóntrase en Villarrubia de Santiago (provincia de Toledo). Tamén en España hai depósitos de glauberita en Chinchón e Ciempozuelos (Madrid), en Agoncillo e Alcanadre (A Rioxa), e en Remolinos (Zaragoza).
En América hai depósitos en Sierra Gorda e Iquique (Chile), así como na provincia de Loayza (Bolivia).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Glauberite (Mindat.org)
- Glauberite Mineral Data (Webmineral)
- Glauberite (Handbook of Mineralogy) Arquivado 14 de decembro de 2010 en Wayback Machine.