Glotocronoloxía
A glotocronoloxía é unha técnica para calcular a separación temporal entre dúas linguas que se supoñen emparentadas. Está baseada no caso de que, como efecto dos cambios interiores e das achegas exteriores, aproximadamente o 14 % das palabras básicas do vocabulario dunha lingua serán substituídas cada mil anos.
A glotocronoloxía é un método de estudo cuxos resultados non poden ser precisos. No entanto, está proposta para a investigación da evolución daquelas linguas que carecen de textos escritos, polo que hai que descartar o método comparativo, usado para a reconstrución do indoeuropeo e buscar alternativas de investigación.
Supostos básicos
[editar | editar a fonte]Os dous argumentos nos que se basea o método glotocronolóxico son:
- A taxa de substitución léxica é constante, se consideramos períodos de tempo moi longos polo menos para o léxico do chamado vocabulario básico.
- A taxa de substitución léxica é aproximadamente uniforme entre todas as linguas do mundo, polo menos para o vocabulario básico.
En forma de ecuación isto pódese expresar da seguinte maneira. Se chamamos p(t) á porcentaxe de palabras básicas que retén unha lingua despois dun período de tempo t, entón:
ou se integramos a ecuación diferencial:
Logo C debe ser unha constante universal para todos os idiomas. A calibración de que a taxa de cambio é o 14 % do vocabulario básico, faise a seguinte estimación de C:
A partir desa estimación o tempo de separación Ts pode estimarse comparando a porcentaxe de cognados retidos pC como:
- , dunha lingua coa súa lingua nai
- , de dúas linguas irmáns
Onde p0 = 86 % é a porcentaxe de retención por milenio estimado por Swadesh (= 100 % - 14 %). Máis tarde, Robert Lees cambiou o valor medio, calculándoo en 80,5 % cada milenio.
Discusión
[editar | editar a fonte]Este método foi repetidamente criticado. Eugen Coşeriu (1962), por exemplo, achegou algúns datos tomados das linguas románicas que ilustraban que o seu uso podía conducir a inexactitudes importantes. As principais obxeccións que se daban contra o método foron as seguintes:
- A constante de retención non é universal, varía segundo o tempo, a lingua e o significado da palabra incluída na lista.
- O modelo da árbore xenealóxica (Stammbaum model) non é preciso. As linguas a miúdo inflúense posteriormente á súa separación e a teoría asume que, unha vez que se separan, non se volven a conxuntar.
- Os cambios de son poderían provocar que non sexa posíbel recoñecer dous cognados (por exemplo, fr. chef e ing. head) ou que se cometa o erro de asumir como cognados palabras que verdadeiramente non están emparentadas (por exemplo, ing. day e esp. día).