Gold Dust Woman
«Gold Dust Woman» | ||
---|---|---|
canción de Fleetwood Mac | ||
Lanzamento | 1977 | |
Formato | {{{formato}}} | |
Gravada | 1976 | |
Xénero musical | rock | |
Lingua(s) | {{{lingua}}} | |
Duración | 4:51 | |
Discográfica | Reprise | |
Produtor(es) | Fleetwood Mac, Richard Dashut e Ken Caillat | |
Escritor(es) | Stevie Nicks | |
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Gold Dust Woman" é unha canción do álbum Rumours da banda británica Fleetwood Mac. Composta e cantada por Stevie Nicks foi editada como cara-b do sinxelo "You Make Loving Fun". Xunto con "Rhiannon" e "Dreams", é considerada a canción máis característica de Stevie Nicks nas súas gravacións con Fleetwood Mac.
Na edición especial de 2 discos de Rumours, editada no ano 2004, incluíronse dúas demos de "Gold Dust Woman", unha das cales conta cunha melodía de voces e unha letra distinta que máis tarde se converterían no tema independente "If You Ever Did Believe" no ano 1997. Nicks gravou esta canción coa súa amiga Sheryl Crow como parte das primeiras sesións para o seu álbum do 2001 Trouble in Shangri-La, pero o tema foi escollido como tema principal da película protagonizada por Nicole Kidman e Sandra Bullock Practical Magic. Ata a data o tema só esta dispoñible no álbum desa banda sonora.
A canción orixinal de 1977 apareceu no ano 2011 como tema descargable para o videoxogo Rock Band 3.
Versións
[editar | editar a fonte]- Unha versión realizada pola banda estadounidense de rock alternativo Hole foi editada como o seu noveno sinxelo en 1996. Apareceu tamén na banda sonora da película The Crow: City of Angels e foi ptoducida polo antigo líder de The Cars Ric Ocasek.
«Gold Dust Woman» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Hole | |||||
do banda sonora The Crow: City of Angels | |||||
Lanzamento | verán de 1996 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | primavera de 1996 | ||||
Xénero musical | rock alternativo | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | |||||
Discográfica | Geffen Records | ||||
Produtor(es) | |||||
Escritor(es) | |||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
- Sister Hazel gravou unha versión da canción para o álbum tributo de 1988 Legacy: A Tribute to Fleetwood Mac's Rumours.
- The Spill Canvas incluíu unha versión de "Gold Dust Woman" no seu EP do 2007 Denial Feels So Good.
- A lenda do country Waylon Jennings gravou unha versión country/blues do tema no seu disco de 1978 Waylon & Willie.
- Sheryl Crow interpretou a canción no seu álbum ao vivo Sheryl Crow and Friends: Live from Central Park xunto con Stevie Nicks.