Saltar ao contido

Golfo de Maine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaGolfo de Maine
(en) Gulf of Maine Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoGolfo
baía Editar o valor en Wikidata
Parte deocéano Atlántico Norte Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativamar a fóra Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativamar a fóra Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Mapa
 44°34′20″N 67°18′37″O / 44.5723, -67.31026
Afluentes
Características
Profundidade200 m Editar o valor en Wikidata
Superficie93.000 km² Editar o valor en Wikidata

O golfo de Maine (en inglés: Gulf of Maine, en francés: Golfe du Maine) é un gran golfo do océano Atlántico na costa leste de América do norte. Está limitada por Cabo Cod na punta oriental de Massachusetts no suroeste e pola Illa Cabo Sable no extremo sur de Nova Escocia no nordés. O golfo inclúe a liña completa de costas dos estados dos Estados Unidos de New Hampshire e Maine, así como Massachusetts ao norte de Cabo Cod, e as costas sur e oeste das provincias canadenses de Novo Brunswick e Nova Escocia, respectivamente.

O golfo foi nomeado pola Provincia colonial adxacente de Maine, que probablemente foi nomeada polos primeiros exploradores en recordo da provincia de Maine en Francia.[1] Tamén están incluídos no sistema do Golfo de Maine a baía de Massachusetts, a baía de Penobscot, a baía de Passamaquoddy e a baía de Fundy, onde están as variacións de marea máis altas do planeta.

Xeografía e hidrografía

[editar | editar a fonte]

O golfo de Maine é unha depresión aproximadamente rectangular cunha superficie de aproximadamente 93.000 km², pechado ao oeste e norte polo continente norteamericano e comunicándo co océano Atlántico ao sueste. A glaciación da rexión pola capa de xeo Laurentino arrastrou o chan sedimentario lonxe da costa,[2] deixando unha costa predominantemente rochosa e espectacular, que carece das praias de area que se atopan ao sur ao longo da costa leste dos Estados Unidos. Os únicos desenvolvementos costeiros significativos sitúanse nas áreas metropolitanas de Boston, Portsmouth, Portland e Saint John .

As características subacuáticas do fondo mariño esculpidas durante os niveis máis baixos da idade do xeo fan que o golfo sexa un mar semicerrado limitado ao sur e ao leste por bancos submarinos. O Banco Georges, en particular, no seu extremo sur, protexe o golfo da Corrente do Golfo. As augas do Golfo de Maine están máis influenciadas pola Corrente do Labrador, facendo que as augas do golfo sexan moito máis frías e máis ricas en nutrientes que as que se atopan ao sur. Os vales subterráneos na cunca central poden chegar a alcanzar profundidades de 500 m., mentres que as montañas submarinas soben a 266 m. do fondo do mar, case alcanzando a superficie nalgúns lugares ou mesmo superándoa creando illas.

Hai tres concas principais no Golfo de Maine: a Conca de Wilkinson ao oeste, a Conca do Jordan no nordés e a conca Georges no sur, que están illadas entre elas por debaixo dos 200 m. de batimetría.

  1. "Journal of the Senate" (PDF). State of Maine, HP1629, item 1, 123rd Maine State Legislature. 6 de marzo de 2002. Consultado o 20 de setembro de 2007. WHEREAS, the State of Maine is named after the Province of Maine in France... 
  2. Manahan, Abigail. "A Geologic History of the Gulf of Maine". Gulf of Maine Area Census of Marine Life. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2017. Consultado o 29 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]